Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións...

A Deputación aproba as bases e convocatoria para a concesión de subvencións a agrupacións de Protección Civil en concellos de menos de 50.000 habitantes

- Anuncio -

Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, correspondentes ao exercicio 2025. Contan cunha partida orzamentaria de 43.000 euros

En materia de cooperación cos municipios, destináronse un total de 106.086,5 euros a diferentes achegas para a realización de diversas obras de mellora

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na sesión celebrada esta mañá, as bases e convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a agrupacións de Protección Civil en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Tamén foron aprobadas na mesma sesión as bases reguladoras do concurso público para a concesión de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, correspondentes ao exercicio 2025. Contan cunha partida orzamentaria de 43.000 euros.

Ademais, en materia de cooperación cos municipios, destináronse un total de 106.086,5 euros a diferentes achegas para a construción dun muro de contención nun campo de fútbol (32.384,31 euros); para ampliación dunha zona de xogos e parque infantil (47.964,52 euros) e para a mellora de accesibilidade a unha zona deportiva infantil e local veciñal (25.737,67 euros).

Tamén se aprobou a necesidade de ocupación, con carácter urxente, dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras correspondentes á senda turística termal entre as localidades de Albarellos – Vilaza e Balneario de Requeixo, no termo municipal de Monterrei. Tamén foi aprobada a expropiación forzosa para a execución das obras de acondicionamento e mellora integral na OU-0210 Leirado – Pontedeva (no treito comprendido entre os puntos quilométricos 7+044 e 7+324).

Por último, aprobouse o peche e suspensión da convocatoria para o concurso para concesión de subvencións para o fomento de actividades escénicas e musicais para o ano 2025, debido ao esgotamento da partida orzamentaria correspondente á liña de axudas, o que imposibilita a concesión de novas subvencións a partir desta mesma data. Considérase conveniente, por razóns de seguridade xurídica e para os efectos de informar debidamente desta circunstancia aos potenciais interesados, deixar sen efecto a convocatoria das citadas subvencións, con efectos dende o 6 de febreiro de 2025.

Relacionadas

A Deputación avanza que este venres aprobará unha axuda de máis de 100.000 euros...

0
Os deputados provinciais Javier Tourís e Marcos Guisasola visitaron hoxe coa alcaldesa Marta Giráldez as instalacións do campo, que serán reformadas cos recursos do...

A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”,...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Cambados para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O Concello colabora coa III Gala Solidaria Por Eles TEA, que se desenvolverá o...

0
A concelleira de Asuntos Sociais recibiu as organizadoras do evento, que persigue visibilizar e sensibilizar a sociedade ourensá acerca do autismo Estará presentada por Tamara Pérez,...

Luis Menor anima aos concellos a adherirse ao programa da Deputación para elaborar un...

0
A iniciativa, aprobada no pleno do pasado mes de decembro, permitirá que os 91 municipios destinatarios poidan sumarse ata o próximo 30 de marzo...

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico...

0
“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara,...

Publicacións Relacionadas