HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación aproba o expediente de contratación das obras nas que investirá...

A Deputación aproba o expediente de contratación das obras nas que investirá 275.000 euros para mellorar a estrada provincial EP-0004 Marcón–Pintos–A Reigosa

- Anuncio -spot_img

As actuacións terán lugar nun treito dun quilómetro da vía que une os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas, dando resposta a unha demanda do rexedor de Ponte Caldelas formulada xa ao anterior goberno provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación das obras de mellora da estrada provincial EP-0004 Marcón-Pintos-A Reigosa, onde a Deputación vai investir preto de 275.000 euros. O presidente lembrou que esta estrada provincial “une os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas” e sinalou que as obras consistirán na mellora “dun tramo de preto dun quilómetro no termo municipal de Ponte Caldelas para mellorar a súa seguridade viaria”.

Os traballos afectarán o tramo comprendido entre os puntos quilométricos 3+300 e o 4+200, e consistirán a grandes trazos no saneamento e a mellora do firme, co fresado da capa de rodaxe, así como a posterior reposición do firme e da sinalización horizontal e vertical deste treito. Con estes traballos, Luis López valorou que “unha semana máis seguimos destinando recursos para que as estradas provinciais, vías fundamentais na vertebración da provincia de Pontevedra, estean nas mellores condicións”.

As obras de mellora da EP-0004 son unha demanda que xa fora formulada polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, durante o anterior goberno provincial, e que son agora atendidas polo goberno de Luis López. Ademais, tal como avanzou a deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, nunha visita a esta infraestrutura no mes de setembro, o goberno da Deputación tamén se compromete a estudar a transferencia dun tramo da EP-0203 Caritel-Anceu solicitada igualmente polo rexedor pontecaldelán.

Publicacións Relacionadas