HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación aproba os orzamentos máis expansivos, con 181,63 millóns € "cos...

A Deputación aproba os orzamentos máis expansivos, con 181,63 millóns € “cos concellos no centro” e para continuar sendo líder en transferencias en España

- Anuncio -spot_img

Carlos Font calcula que un total de 69 millóns € repercutirán directamente nos concellos e afirma que as Contas “son as máis municipalistas e transparentes”

O deputado de Economía e Facenda compara a emenda de devolución do PP cun “traballo escolar” e César Mosquera dilles aos conservadores que “quedoulles a cabeza descansada”

Font á bancada do PP: “Debería poñérselles a cara colorada, pero o cemento e o formigón armado non cambian de cor”

Os Orzamentos 2023 da Deputación xa están aprobados inicialmente. Un total de 181,63 millóns de euros que constitúen a maior previsión orzamentaria da historia da Administración provincial e que conforman, en palabras do deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, “un Orzamento expansivo, no que os concellos están no centro, transparente, igualitario e deseñado para garantir dereitos e servizos a tódalas persoas vivan onde vivan”. As Contas saíron adiante cos votos do Goberno provincial (PSdeG-PSOE e o BNG) e a negativa do PP. O grupo conservador, ademais, viu rexeitada a súa emenda de devolución, cualificada por Font como “unha broma en catro “carillas” repletas de erros e clichés que nin sequera podería colar como traballo escolar”. Na mesma liña, o vicepresidente provincial, César Mosquera, que cualificou aos Orzamentos como “francamente bos e prudentes”, afirmou que á bancada do PP “quedoulle á cabeza descansada co esforzo ímprobo que fixeron para redactar esta emenda”.

O Goberno provincial destacou que por oitavo ano consecutivo preséntanse os Orzamentos en tempo e forma “porque esta Deputación é unha socia institucional altamente fiable para os concellos, aportando estabilidade e transparencia no financiamento local para que os concellos planifiquen”. Carlos Font calculou nun total de 69 millóns de euros o volume total de recursos que repercutirán directamente sobre os municipios, produto da suma dos 44 millóns de euros do Plan Concellos 2023 e os case 25 millóns que chegarán a través das iniciativas e programas dos distintos servizos provinciais. O responsable da xestión económica provincial, que situou na Igualdade e no Reto Demográfico os eixes centrais destes Orzamentos, subliñou que a Deputación está traballando xa para captar ata 28,9 millóns de fondos europeos Next Generation ao longo do próximo ano, “polo que as cifras finais de transferencias e recursos que acabarán incidindo directamente sobre o territorio, e por tanto sobre os concellos, se disparará”.

Na súa intervención afirmou que prefire falar en termos de políticas públicas impulsadas pola Deputación, en lugar de utilizar expresións contables, dado que os Orzamentos crecen en tódalas áreas e servizos. Ademais reprochou duramente ao PP as súas “mentiras” sobre as transferencias aos concellos. Neste punto considerou como “vergoñento” que o PP se presente no Pleno para criticar á Deputación que máis fondos transfire aos concellos en toda España, cun 33,77% dos seus recursos totais, segundo datos publicados polo Ministerio de Hacienda. “Debería poñérselles a cara colorada, pero o cemento e o formigón armado non cambian de cor”, remachou.

Na súa intervención Font tamén comparou o modelo da Deputación de Pontevedra co da Deputación de Ourense, a única gobernada polo PP en Galicia. E así detallou que mentres na de Pontevedra se transfire un 33,7%, en Ourense non pasan dun 0,03%. E mentres o Plan Concellos alcanza os 44 millóns de euros (un millón máis que o ano pasado) en Ourense o Plan de Cooperación está conxelado en 4,7 millóns de euros e supón tan só unha achega de 51.000 euros lineais por concello. Así, Mondariz-Balneario o municipio pontevedrés máis pequeno, con algo máis de 600 habitantes, percibe 267.000 euros anuais, mentres que o maior municipio do Plan de Cooperación ourensán, O Carballiño, con case 15.000 habitantes, quédase neses 51.000 euros. Ademais, continuou, mentres a Deputación pontevedresa inviste 14 millóns anuais nas políticas de mobilidade integral nas estradas provinciais, en Ourense non chegan aos 3 millóns, a pesar de que as redes teñen unha kilometraxe semellante. As comparacións pasaron tamén polos Servizos Sociais (7 millóns, contra 1,2), Igualdade (2,13 millóns contra 0), Deporte (4,1 millóns contra 0,4 millóns) e Cultura (3 millóns contra 0,35). “En Ourense, cada vez que debaten sobre este tema, a oposición pide un Plan Concellos de 21 millóns de euros e o PP sempre vota en contra”, recordou.

A Xunta “retratouse” conxelando, un ano máis o Fondo Local de Cooperación
Ademais, Carlos Font cargou contra o grupo popular por ter cualificado a suba anual dun millón de euros do Plan Concellos como “pedrea” e espetoulle que, “sería unha metáfora moito máis adecuada admitir que aos concellos tocoulles o “gordo”0 da lotería en 2015 cando o PP perdeu as Eleccións municipais nesta provincia e, por tanto, o Goberno da Deputación”.

O deputado de Economía e Facenda ocupouse tamén do debate de fondo sobre o modelo de financiamento local explicando que a Xunta de Galicia vén de “retratarse” un ano máis cuns Orzamentos autonómicos para 2023 que volven conxelar o Fondo de Cooperación Local básico, sen actualizalo sequera coa inflación. “Aos concellos non se lles berra nin se lles tutela, como lle gusta facer á Xunta ou á Deputación de Ourense; aos concellos se lles axuda e se lles financia, porque son os que están ao lado da xente”. “A Deputación de Pontevedra non quere estar por enriba dos concellos, senón ao seu lado”, remachou. “Os concellos da provincia de Pontevedra non agardan nada dos Orzamentos da Xunta”, argumentou, “pero agardan moito dos Orzamentos da Deputación e estou seguro que se os 61 alcaldes e alcaldesas puideran a vir a este Pleno a votar todos alzarían a man para apoialos”.

O deputado botou man dos datos históricos para recordar que no ano 2014, cando gobernaba o PP, a Deputación de Pontevedra aprobou cos Orzamentos iniciais unhas transferencias de 9,7 millóns, mentres con este novo Orzamento alcanzan os 60 millóns. Máis aínda ofreceu os datos concretos de transferencias a Cerdedo-Cotobade e A Estrada naquela anualidade, cando quedaron un 395% e un 567% por debaixo da actualidade.

Parabéns aos concellos
Carlos Font concluíu felicitando expresamente aos concellos da provincia por poder contar con estes Orzamentos provinciais e puxo énfase en comparar á actual Deputación do financiamento regrado e a transparencia coa que presidiu o PP ata 2015. “Se o municipalismo nesta provincia non ten hoxe nada que ver, foi gracias aos orzamentos que foi aprobando esta Deputación. E se nos comparamos coa Deputación de Ourense é porque se o PP volve gobernar aquí algún día gobernarían como en Ourense e aplicarían o “modelo 51.00o euros”; e todos e todas calados/as porque vostedes son a procesión dos caladiños.

O vicepresidente, César Mosquera considerou toda a intervención do grupo do PP como “unha fantástica posta en escena, con moita emoción, porque no fondo non hai nada; argumentos banais”. Coincidiu na perplexidade de que se critique polas transferencias á Deputación que máis transfire en España “e que ademais transfire dun xeito previsible”. Finalmente, engadiu que sería “prexudicar moi seriamente aos concellos” devolver os Orzamentos como solicitou o PP.

Publicacións Relacionadas