Home A Paradanta A Cañiza A Deputación aproba outros 2,1 millóns de euros para outros cinco municipios...

A Deputación aproba outros 2,1 millóns de euros para outros cinco municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos

- Anuncio -

As subvencións chegarán aos concellos de Sanxenxo, A Estrada, Forcarei, Nigrán e A Cañiza, que realizarán actuacións para transformar o espazo público

O Goberno da Deputación vén de dar luz verde a 2.141.000 euros do Plan Concellos que, como informou a presidenta provincial, Carmela Silva, chegarán a Sanxenxo, A Estrada, Forcarei, Nigrán e A Cañiza “para financiar importantes actuacións de humanización ou de mellora viaria coas que os concellos transforman o espazo público da man da Deputación”.

Sanxenxo recibirá “unha importantísima achega de case un millón de euros” coa que poderá humanizar a praza pública de Vilalonga. Este proxecto vai a suprimir o tráfico interior na praza, ampliar a zona infantil e crear unha barreira entre a praza e a PO-550 cunha bancada perimetral que pechará a zona. Ademais, a praza verá mellorado integramente o seu palco cunha terraza semiafundida, suprimiranse as barreiras físicas e incorporaranse unha pérgola e un xardín. Esta actuación demostra que “os concellos están a preparar proxectos que teñen que ver coa nosa visión de cambio no modelo de mobilidade” que se pon de manifesto “a través do decálogo que aprobamos cando comezamos a gobernar, das ordenanzas de actuación no viario público e do Plan Ágora”.

A Xunta de Goberno tamén aprobou 451.000 euros para A Estrada, cos que o concello adquirirá unha parcela para usos múltiples situada na contorna da Casa das Letras e, polo tanto, “vinculada a que a recuperación do espazo público permita que acontezan cousas vinculadas ao deporte, a cultura e a crear comunidade”. Para a comarca do Deza tamén foron aprobados 115.300 euros para que Forcarei mellore o viario e marxes no lugar de Quintillán. Nigrán contará con 373.700 para humanizar a Praza de Rosalía de Castro, aproveitando así a inclusión nesta área da nova biblioteca que tamén financiou a Deputación co Plan Reequilibrio. Ademais, aprobouse unha achega deu 290.000 euros cos que A Cañiza construirá un skatepark e un pumptrak para a práctica de deportes urbanos.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas