Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación aproba preto de 640.000 euros en subvencións para emprego, cooperación...

A Deputación aproba preto de 640.000 euros en subvencións para emprego, cooperación con concellos e entidades, deportes e cultura

- Anuncio -

Na sesión de hoxe o goberno provincial adheriuse á declaración da xunta de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que baixo o lema “Con La Palma. Seguirmos estando. Cerca. Sempre”, se compromete o apoio necesario para desenvolver un plan especial de reconstrución de La Palma trala erupción do volcán Cumbre Vieja

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá por vía telemática baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou a concesión de preto de 640.000 euros en subvencións nos ámbitos de emprego, deportes, cooperación con concellos, con entidades e cultura. Unha sesión na que o goberno provincial adheriuse á declaración da xunta de goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), na que baixo o lema “Con La Palma. Seguirmos estando. Cerca. Sempre”, compromete “o apoio necesario ao Plan Especial para a reconstrución de La Palma anunciado polo goberno”, co fin de axudar aos municipios máis afectados e ao conxunto da illa á recuperación dos enormes danos provocados pola erupción do volcán Cumbre Vieja.

Polo que respecta ao ámbito do emprego, a Xunta de Goberno concedeu cinco subvencións por un importe total de 42.750 euros dentro do programa EmprendOU para proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico. As achegas, cun valor máximo cada unha delas de 8.550 euros, terán como beneficiarios cinco proxectos relacionados coa educación, o deporte e os servizos a desenvolver nos concellos de A Veiga, Boborás, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

En cooperación cos concellos concedéronse as seguintes subvencións: 45.500 euros destinados á urbanización da rúa do Pazo en Arnoia; 48.000 euros a favor de Cortegada para a construción dun muro de protección no antigo balneario; 220.000 euros á entidade local menor de Berán para a posta a punto do balneario novo; 148.700 euros para a obra de mellora do acceso a Prado, “reparación da estrada de Lobios fase II”, en Muíños; e 48.000 euros para o Concello da Teixeira que permitirán o acondicionamento de camiños. En cooperación con entidades aprobouse unha axuda de 26.000 a favor da Fundación Carlos Casares para gastos de funcionamento correspondentes ao presente exercicio.

Na orde do día da sesión tamén figuraba a modificación do importe dunha obra no Concello do Bolo, dentro do Plan da Rede Viaria Provincial, e a incorporación ao Plan Provincial de Cooperación dunha obra de mellora entre as estradas OU-0803 e OU-0804 na Veiga.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas