Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación aproba unha liña de axudas por valor de 130.000 €...

A Deputación aproba unha liña de axudas por valor de 130.000 € para impulsar actividades turísticas na provincia

- Anuncio -

Este ano incentivaranse aquelas actividades que contribúan á dinamización económica dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da covid-19

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe unha liña de axudas por 130.000 € dirixidas a entidades para impulsar actividades turísticas na provincia. Como novidade, as achegas discriminarán positivamente as iniciativas que contribúan á dinamización económica dos sectores máis afectados polas restricións derivadas da covid-19. Neste eido, xa foron aprobadas en menos dun mes bases por valor de 330.000 € para impulsar o sector turístico da provincia xa que, a estes 130.000 € súmanse os 200.000 € aprobados o pasado mes para a contratación de persoal nas oficinas Info Rías Baixas.

A Deputación fai un novo esforzo este ano incrementando a contía máxima das achegas que chegará ata os 5.500 € por entidade, 500 máis que o establecido o pasado ano. A través destas axudas búscase colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector. Deste xeito, serán obxecto de subvención actividades que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2021 dirixidas a promover e estimular o sector turístico, a súa calidade, accesibilidade e sustentabilidade. Tamén aquelas que teñan que ver coa divulgación de recursos turísticos da provincia como poden ser a natureza, o medio ambiente e a paisaxe, as festas e tradicións populares, o patrimonio cultural e lingüístico, a gastronomía e enoturismo, a saúde, o benestar e o termalismo.

Con esta liña de axudas o pasado ano a Deputación de Pontevedra subvencionou actividades como o Trofeo Conde de Gondomar do Club de Iates de Baiona, as visitas musicalizadas da Asociación de Xuventudes do Eixo Atlántico, as Xornadas de Difusión da Cultura da Mazá Ecolóxica da Asociación Mar de Compostela, o Curso de Biodiversidade e Emprego no Turismo da Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural ou a promoción da enogastronomía da Asociación Ruta do Viño Rías Baixas.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos...

0
En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

Publicacións Relacionadas