Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación apura os últimos trámites para licitar a nova Senda Peonil...

A Deputación apura os últimos trámites para licitar a nova Senda Peonil das Sinas, en Vilanova de Arousa

- Anuncio -

O novo itinerario para camiñar de xeito seguro polo litoral eliminará as obsoletas beirarrúas, de apenas un metro de ancho e repletas de obstáculos

A Deputación apura os últimos trámites de cara a licitación das obras da nova senda peonil que percorrerá a zona do litoral que une a praia das Sinas co núcleo urbano de Vilanova de Arousa, un itinerario de 810 metros de lonxitude que permitirá gozar desta zona natural en condicións da máxima seguridade e accesibilidade para as persoas que camiñan. A obra conta cun orzamento de 273.067 euros, dos que a Deputación achegará un 80% (218.453 euros) e o Concello o 20% restante (54.613 euros). O convenio xa está asinado e inclúe, ademais, o compromiso de transferir ao Concello a nova senda peonil (mantendo a Deputación a titularidade sobre a plataforma de circulación) así como outros 86 metros doutro tramo urbanizado na estrada entre Fefiñáns e Oubiña.

A estrada das Sinas, que agora ten unha anchura tipo de 8 metros con carrís de 3,5 metros e beiravías irregulares, experimentará un importante cambio. As obras permitirán contar cunha senda continua con ancho mínimo de 2,5 metros e acabado en formigón coloreado entre o PQ 1+415 e o PQ 2+225 pola marxe dereita, é dicir, a máis próxima ao litoral. Aproveitará tódolos sobreanchos existentes, homoxeneizando a marxe da estrada, e, ademais, implicará a retirada ou recuado de sinais, bordos e sete postes de formigón para deixar libre todo o espazo dispoñible. A drenaxe das augas pluviais resolverase coa construción dun caz de separación coa calzada que albergará a nova rede de sumidoiros. Ademais serán necesarias actuacións de roza de vexetación e a retirada dunha marquesiña.

O punto de inicio do ámbito da obra está ao pasar a zona recreativa das Sinas en dirección a Vilanova. Transcorre a carón da praia, onde agora existe unha beirarrúa de anchura moi variable, de entre un e dous metros, e que, ademais, está ocupada non só polos postes de distribución eléctrica, senón tamén polos de telecomunicacións e o do alumeado público. Nalgúns puntos o tránsito peonil está aínda máis reducido, dificultando a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ou que porten carros de nenos/as. O ámbito da obra rematará onde se sitúa o aparcadoiro público e preto doutro aparcadoiro privado dun restaurante.

A obra incluirá tamén a renovación completa do pavimento asfáltico nestes 810 metros da estrada provincial, incluíndo os traballos de fresado e demolición, aplicación de capa de saburra e macadam, imprimación con rega asfáltica e nova capa de aglomerado en quente. Ademais, está prevista a construción dun novo paso de peóns sobreelevado para optimizar a permeabilidade peonil entre ambas beiras da estrada, así como unha nova sinalización horizontal e vertical que remarcarán a prioridade peonil e, ademais, limitarán a velocidade de circulación a 30 Km/h.

A estrada provincial Vilanova-As Sinas comeza na Aduana de Corón, dende o cruzamento coa estrada autonómica PO-549, e remata, despois dun percorrido de 3,4 Km, no centro urbano de Vilanova de Arousa. A intensidade media diaria de circulación alcanza os 1.861 vehículos, segundo o último Plan de Aforos da rede provincial de estradas.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas