Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación asina os convenios con 13 concellos da provincia para realizar...

A Deputación asina os convenios con 13 concellos da provincia para realizar a inspección dos seus residuos

- Anuncio -

O corpo provincial de control comezará a traballar entre febreiro e marzo en Barro, Meis, Silleda, a mancomunidade do Morrazo, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, A Cañiza, As Neves e Mondariz Balneario

A presidenta Carmela Silva e o vicepresidente Mosquera aseguran que esta iniciativa, inexistente no resto do estado, “fai marca” e dá boa imaxe da provincia ademais de permitir cumprir obxectivos de reciclaxe

A Deputación de Pontevedra asinou hoxe os convenios con 13 concellos da provincia para realizar o servizo inspección dos residuos de empresas e negocios dos seus respectivos territorios. Deste xeito, os municipios de Barro, Meis, Silleda, a mancomunidade do Morrazo, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, A Cañiza, As Neves e Mondariz Balneario contarán con persoal funcionario provincial e subvencións económicas da Deputación para realizar o traballo de control do lixo, unha obriga para as administracións locais dende a aprobación da nova lei estatal de residuos o pasado mes de xuño.
A intención é que o corpo provincial de inspección comece a traballar entre os meses de febreiro e marzo de 2023. Inicialmente o persoal técnico realizará labores informativas entre empresas e negocios, explicando a obriga de separar en orixe as diferentes fraccións de residuos –nomeadamente a parte orgánica- e de responsabilizarse do seu tratamento.
Posteriormente o corpo de inspección funcionará “con toda a súa eficiencia”, podendo tamén dispoñer sancións no caso de incumprimentos. Segundo subliñou o vicepresidente Mosquera, impulsor da iniciativa, “non se pretende estar detrás de todo o mundo para sancionar”, senón que o principal traballo será convencer da necesidade da reciclaxe, un traballo que, segundo asume, “será lento pero sistemático”.
O nacionalista manifestou a súa esperanza en que a inspección dos residuos permita “un empuxe moi grande” nos obxectivos de reciclaxe, incluso maior que con todo o despregue anterior de axudas para colectores, composteiros, e outro tipo de recursos, “dispoñendo incluso con menor custe”.
Salientou que a da Deputación é unha iniciativa “sorprendentemente pioneira” en todo o estado español, onde aínda non hai ningún municipio que dispoña de servizo de inspección, polo que augurou que en breve comezarán a recibirse visitas para coñecer o sistema, como xa aconteceu co modelo do Revitaliza. “É sorprendente que nós sexamos os primeiros en ter inspección, porque xa era obrigatoria na lei de 2011”, destacou, ao tempo que insistiu en que agora é unha esixencia.
“Sabiamos que os concellos poderían ter problemas para poñer en marcha de maneira individual os seus sistemas de control e por iso a Deputación intentou suplir a carencia. A resposta está por riba das expectativas. Pretendíamos chegar a 100.000 habitantes e superamos os 240.000. (…) Sodes uns valentes. Con vós vai funcionar e os obxectivos de reciclaxe terán un grande empuxe”, insistiu.
Pola súa banda, Carmela Silva referiuse aos concellos e a Mancomunidade que hoxe asinaron os convenios como “a avanzadilla” e “os trece magníficos” e como “un exemplo a seguir para todos os municipios de Galicia” na súa aposta por “un compromiso real para o mellor tratamento posible dos residuos”. “Gústanos presumir –engadiu a presidenta- de que somos pioneiros e pioneiras. Hai que ser valentes e ter unha mirada avanzada, e este proxecto tena”.
Destacou o labor de “diálogo no territorio” que vai ter o novo corpo de inspectores e inspectoras “para convencer” a empresas e negocios sobre o cumprimento da lexislación e aplaudiu aos gobernos locais por sumarse “a tantos proxectos de transformación do territorio cun compromiso con outro modelo de provincia que nos está a referenciar”, como xa ocorreu co Revitaliza, o modelo de mobilidade e as apostas pola cultura e a igualdade.
Apuntou que esta transformación está a ser posible “pola complicidade total dos concellos e a súa actitude de escoita” e, neste senso, volveu criticar que o mundo local non é igualmente escoitado por outras administracións cando se poñen en marcha novas leis e normas: “O mundo local está farto de que teñamos obrigas, pero nunca un euro máis de recursos –dixo-. E tampouco nunca nos preguntan, porque se o fixeran seguramente teríamos unha mirada máis avanzada e aportaríamos que fan falta recursos de persoal, económicos, de formación e control. Parécenos moi ben que se lexisle e sexamos un exemplo pero fan falta medios dos que no mundo local carecemos”, citando como exemplo a conxelación desde 2009 por parte da Xunta de Galicia do Fondo de Cooperación Local.
O corpo de persoal inspector provincial estará formado por 11 funcionarios provinciais, que serán os encargados de identificar posibles incumprimentos e riscos ambientais asociados á actividade de negocios e empresas, mais en ningún caso en domicilios particulares. Deberán realizar exames e controis periódicos, incluso realizando gravacións de imaxes, para levantar actas que poderán dar lugar a expedientes sancionadores.

Relacionadas

As historias das monxas de Santa Clara, protagonistas da quinta charla do ciclo de...

0
O coordinador do estudo histórico sobre a orde en Pontevedra, quen sacou á luz a rebelión das clarisas fronte aos franciscanos no XVIII, expón...

A Deputación lanza “Cambiemos o Conto” un concurso de relatos dirixido ao alumnado de...

0
O certame, enmarcado no Manifesto de Soutomaior, premiará aos mellores relatos da ESO, Bacharelato, FP Básica ou Grao Medio que partan da denuncia do...

A Biblioteca Municipal de Nigrán estreará este luns o horario ampliado da sala de...

0
Será a primeira da comarca, xunto a Vigo, en contar cun horario nocturno en datas de especial necesidade para o alumnado, pechando ás portas...

Tomiño, distinguido con catro flores de honra no certame ‘Vilas en flor’

0
É, xunto a Chantada e Allariz, un dos únicos concellos en obter o maior distintivo As intervencións nas rotondas ao abeiro do Cultivando Paisaxes e...

Dura derrota do Sárdoma ante o CE Europa

0
O conxunto vigués encaixou catro goles do seu rival, que non deu opcións ás de David Ferreiro O Sárdoma de Vigo encaixou unha dura derrota...

A Deputación cooperará co Concello do Irixo en proxectos de emprendemento e o reforzo...

0
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas...

Publicacións Relacionadas