Home O Carballiño Boborás A Deputación asume o financiamento para a urbanización dos terreos do novo...

A Deputación asume o financiamento para a urbanización dos terreos do novo centro de saúde de Boborás

- Anuncio -

Manuel Baltar e a alcaldesa, Patricia Torres, asinaron un convenio polo que o goberno provincial achegará máis de 186.000 euros para a dotación de servizos nunha parcela de máis 6.200 metros cadrados

O presidente do goberno provincial enmarcou este acordo “na cooperación que impulsamos desde o goberno provincial cos concellos para a construción de equipamentos”

A rexedora remarcou “a resposta sempre positiva do presidente da Deputación”, que agora tradúcese “na humanización do espazo no que se asentará o primeiro centro de saúde do novo plan de infraestruturas sanitarias de Galicia”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, asinaron un convenio de colaboración polo que a institución provincial asumirá o financiamento do proxecto de humanización dos terreos nos que se construirá o novo centro de saúde do concello. Segundo reflicte o documento, a Deputación achegará algo más de 186.000 euros para as obras, de cuxa execución farase cargo o concello.

Manuel Baltar enmarcou este acordo “na cooperación que impulsamos desde o goberno provincial cos concellos para a dotación de equipamentos”. Neste caso, engadiu, un centro de saúde “que permitirá poñer a disposición da veciñanza os mellores servizos sanitarios”.

Patricia Torres remarcou pola súa banda “a resposta sempre positiva do presidente da Deputación cara as nosas peticións, sexan grandes ou máis pequenas”. Unha disposición que agora “tradúcese na humanización do espazo no que se asentará o primeiro centro de saúde previsto no novo plan de infraestruturas sanitarias de Galicia”.

O convenio asinado por Manuel Baltar e Patricia Torres establece que a Deputación achegará 186.180 euros, divididos en tres anualidades, para a humanización e dotación de servizos nunha parcela de máis de 6.200 metros cadrados, cuxa expropiación tamén foi xestionada pola Deputación. A achega permitirá construír un aparcamento con 70 prazas, accesos para vehículos e persoas, redes de abastecemento e saneamento, subministro eléctrico, rede de telefonía e alumeado público.

Novas áreas e salas nun 40 % máis de superficie

O novo centro de saúde de Boborás substituirá ás actuais instalacións, construídas hai 32 anos e situadas nun inmoble onde comparte espazos con outros servizos municipais. Co futuro centro ampliarase un 40% a superficie construída, en comparación co actual centro, pasando a ocupar 650 metros cadrados. Neste espazo haberá unha área específica para a consulta do programa da muller, ademais dunha sala polivalente para atender casos urxentes ou a realización de técnicas, así como unha sala para patoloxías respiratorias. Os profesionais tamén gozarán de mellores instalacións, xa que o novo centro contará cunha sala de xuntas, vestiarios e almacén, e dúas consultas de medicina xeral e outras dúas de enfermería, coas dimensións establecidas nos criterios asistenciais do Sergas.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Publicacións Relacionadas