Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación avanza na dixitalización do ciclo da auga coa instalación de...

A Deputación avanza na dixitalización do ciclo da auga coa instalación de 2.000 contadores intelixentes en Valdeorras, que chegarán aos 4.000 mensuais en 2025

- Anuncio -

O proxecto OU-intelixente prevé a colocación de máis de 65.000 contadores en 81 concellos, dotando ás entidades locais de ferramentas tecnolóxicas para mellorar a eficiencia dos seus servizos hidráulicos

O equipo actual de traballo reforzarase no mes de xaneiro co obxectivo de rematar no primeiro trimestre do ano os labores no oriente ourensán e inicialos no resto de comarcas adheridas

A Deputación de Ourense avanza no proxecto “OU-intelixente” para aumentar a eficiencia dos servizos hidráulicos na provincia coa dixitalización dos mesmos. Deste xeito, o programa liderado pola Deputación, a través da empresa mixta AquaOurense (formada pola propia institución provincial e Viaqua), ten en marcha a instalación de máis de 65.000 contadores intelixentes na provincia. O equipo actual, que se reforzará en xaneiro, rematará o ano coa instalación de 2.000 contadores intelixentes en Valdeorras, coa previsión de chegar aos 4.000 ao mes coa ampliación dos traballos.

Deste xeito, a principios do 2025 prevese que estean operativos novos equipos para ter cuberta toda comarca de Valdeorras no primeiro trimestre, ata chegar aos 11.600 contadores, dos que 8.000 se situarán na capitalidade, O Barco. Ademais, a liña a seguir do proxecto será ter iniciada a instalación dos contadores noutras comarcas da provincia no primeiro trimestre de 2025, grazas ao reforzo do equipo de traballo actual.

Ferramentas dixitais para os concellos do rural

Esta automatización do ciclo da auga dota aos concellos do rural de ferramentas dixitais grazas á cooperación institucional, permitíndolle o acceso a servizos que xestionados de maneira directa sería moi difícil conseguir, especialmente para os concellos máis pequenos.

O obxectivo, tal e como sinala o director da Área de Medio Ambiente da Deputación, Javier Bobe, é que os 81 concellos adheridos ao proxecto OU-intelixente “non só podan beneficiarse da instalación dos contadores, senón que tamén conten coa dixitalización dos sistemas de abastecemento e depuración”.

“OU-intelixente” foi a segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga na convocatoria dos Fondos Next Generation asociada ao PERTE de dixitalización da auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Reto Demográfico (MITECO). Este logro supón contar con 7,75 millóns de euros para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun recurso básico e estratéxico como é a auga, asumindo a Deputación o 42,52% do financiamento total (5,73 millóns de euros).

Entre os obxectivos concretos do proxecto tamén se inclúe a creación dun centro dixital para a xestión integral da operativa da auga; a implantación dun hub tecnolóxico onde integrar datos e realizar predicións grazas ao Big Data e Intelixencia Artificial, converténdoo nun lugar aberto á cidadanía e un espazo de co-creación co ecosistema emprendedor da provincia.

Relacionadas

O Concello aproba o expediente para contratar o servizo de recollida de residuos e...

0
O contrato será por 10 anos, cun orzamento anual de 15.995.000 euros Con esta licitación, o goberno municipal pretende “manter e mellorar a calidade dun...

As dependencias administrativas do Concello estarán pechadas o día 31 e o Rexistro Xeral...

0
Asdependenciasadministrativasdo Concello de Ourense estarán pechadas o martes, 31 de decembro, en virtude do disposto no acordo regulador das condicións de traballo para o...

Un recurso da concesionaria obriga a atrasar a supresión da ORA

0
A empresa concesionaria dos servizos de control de aparcamento e retirada de vehículos na cidade impugnou o acordo do Concello de Ourense que suspendía...

A Xunta de Goberno Local aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 13 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar este mediodía no...

Pazolandia consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal con máis de 3.000...

0
As familias volven apostar polo programa de ocio da Deputación de Ourense, un clásico destas datas festivas que ademais mantén os prezos do ano...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Publicacións Relacionadas