Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Caldas A Deputación avanza na tramitación de proxectos de transformación dixital e eficiencia...

A Deputación avanza na tramitación de proxectos de transformación dixital e eficiencia enerxética financiados con fondos europeos

- Anuncio -

Inicia os trámites para contratar, por 170.000 euros, a plataforma de comunicación e xestión de incidencias para os concellos de menos de 20.000 habitantes

A Xunta de Goberno adxudica por 130.000 euros instalacións fotovoltaicas en Forcarei, Dozón, Caldas de Reis, Catoira e Ribadumia

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar na tramitación de proxectos financiados con fondos europeos que benefician aos concellos da provincia. Nesta ocasión, como informou o presidente provincial, Luis López, en rolda de prensa, a Xunta de Goberno aprobou este venres o expediente para contratar unha plataforma comunicación e xestión de incidencias para os concellos e adxudicou obras de mellora de eficiencia enerxética nos concellos de Forcarei, Dozón, Caldas de Reis, Catoira e Ribadumia. “Seguimos dando pasos cara adiante para transformar a provincia e facémolo ademais da man de fondos europeos, e con protagonismo para os concellos” asegurou o presidente da Deputación.

Máis polo miúdo, a plataforma de comunicación e xestión de incidencias é unha das liñas do proxecto de transformación dixital dos concellos de menos de 20.000 habitantes, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros da Unión Europea dos fondos Next Generation e ao que están adheridos 50 concellos da provincia. Para continuar avanzando na súa posta en marcha, procédese a licitar esta plataforma, que vai permitir unha relación bidireccional entre a cidadanía e os 41 concellos que a solicitaron. Cun orzamento base de 170.000 euros, as empresas terán 15 días a partir da publicación do anuncio de licitación para presentar as súas ofertas.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, por algo máis de 130.000 euros, das obras de mellora de eficiencia enerxética en instalación fotovoltaicas sostibles nos concellos de Forcarei, Dozón, Caldas de Reis, Catoira e Ribadumia, una actuación que está tamén financiada con fondos europeos. En concreto, en Caldas de Reis instalaranse placas solares na Casa Consistorial e no polideportivo e piscina municipal por preto de 50.000 euros. En Ribadumia as actuacións desenvolveranse nos edificios da piscina e do club náutico, na casa da cultura e no complexo deportivo por máis de 40.000 euros. No caso de Catoira, as placas solares instalaranse no colexio público integrado e no pavillón de deportes cun orzamento de case 20.000 euros. En Forcarei na Casa do Concello por preto de 18.000 euro e, por último, en Dozón na Casa do Concello, no Centro de Saúde e no albergue cun orzamento de case 10.000 euros.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas