HomeTerra de CaldelasA TeixeiraA Deputación avanza novas liñas de colaboración co Concello de A Teixeira...

A Deputación avanza novas liñas de colaboración co Concello de A Teixeira en servizos sociais e infraestruturas

- Anuncio -spot_img

Manuel Baltar e o alcalde deste municipio, Miguel Antonio Cid, examinaron novos proxectos de cooperación relativos á construción dunha residencia de maiores e a mellora dun tramo da OU-0606

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de A Teixeira, Miguel Antonio Cid, para repasar o estado das actuacións desenvolvidas polo goberno provincial neste municipio e examinar novos proxectos de colaboración en materia de servizos sociais ou na mellora de infraestruturas viarias.

Neste encontro de traballo, Manuel Baltar atendeu ás propostas do alcalde, avanzando o apoio da administración provincial ao proxecto de construción dunha residencia de maiores en A Teixeira. Miguel Antonio Cid tamén prantexou como prioritaria a mellora dun tramo da OU-0606, que conecta Pedra de Sol e o núcleo de A Teixeira.

O presidente da Deputación enmarca esta reunión dentro das xuntanzas axendadas dun xeito periódico con este alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do Concello e da súa veciñanza, resaltando o “bo traballo de Miguel Antonio Cid e do seu equipo, sempre activos na procura e execución de proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños”.

Pola súa banda, o alcalde de A Teixeira quixo recoñecer a “receptividade do presidente e da Deputación” ante as necesidades dos concellos do rural: “Como administración máis próxima ao territorio, o goberno provincial sempre está aí blindando o seu apoio a proxectos que serían imposibles de realizar sen a súa colaboración”.

Publicacións Relacionadas