Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación celebra a concesión do XXXIX Premio “Celanova, casa dos poetas”...

A Deputación celebra a concesión do XXXIX Premio “Celanova, casa dos poetas” á Buciños, “un referente senlleiro da nosa cultura”

- Anuncio -

O deputado Pablo Pérez, que acudiu en nome do presidente Manuel Baltar, destaca que con este galardón “recoñécese a traxectoria dun artista fundamental, renovador da escultura contemporánea e especialmente comprometido con Ourense e Galicia”

Pérez destaca a participación da Deputación nunha fundación “que é vital na dinamización cultural da comarca e a propia provincia de Ourense, como demostran as máis de 13.700 persoas participantes nas súas actividades ao longo de 2022”

O deputado provincial Pablo Pérez asistiu esta mañá en Celanova á reunión do padroado da Fundación Curros Enríquez que, entre outros asuntos incluídos na orde do día, acordou conceder por unanimidade o XXXIX Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, á Manuel García Vázquez “Buciños”, pola súa “longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega, como transformador que ten sido das formas lisas e apacibles da madeira, o bronce e a pedra, mimetizadas subliminalmente coas da nosa propia orografía das nosas serras e das que emerxen figuras que transmiten sensibilidade e harmonía dun xeito moi persoal”.

Pablo Pérez, que asistiu á convocatoria en representación do presidente Manuel Baltar, celebrou a concesión deste galardón a Buciños, “fillo adoptivo da provincia de Ourense, un referente senlleiro da nosa cultura, un artista fundamental pola súa renovación da escultura contemporánea e especialmente comprometido con Ourense e Galicia”.

O deputado tamén subliñou a participación da Deputación de Ourense na Fundación Curros Enríquez, “vital na dinamización da comarca e a propia provincia de Ourense, como demostran as máis de 13.700 persoas participantes nas súas actividades ao longo de 2022 e cun fondo legado de compromiso cultural no que ten, e terá, sempre ao seu carón ao goberno provincial”.

A reunión do padroado da Fundación incluíu na súa orde do día a presentación da memoria de actividades correspondente ao pasado ano, a aprobación dos orzamentos para o presente exercicio e o programa de actividades para 2023.

O padroado da Fundación Curros Enríquez está presidido polo Concello de Celanova e forman parte do mesmo a Deputación de Ourense, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, ademais dunha vintena de persoas a título particular procedentes dos máis diversos ámbitos.

Relacionadas

“Orixe Rías Baixas” conquista nuevos misterios

0
A campaña turística da Deputación de Pontevedra, protagonista na Estación de Metro madrileña vestíndoa coas súas tradicións e o seu patrimonio inmaterial inigualable Carmela Silva,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana cinco novas accións formativas

0
Os obradoiros centraranse en ciberseguridade, mulleres emprendedoras, SEO, emisións en liña e márketing dixital A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na terceira das rutas ornitolóxicas...

0
A camiñada guiada para observar aves desenvolverase de xeito gratuíto o 9 de abril nas ribeiras do río Umia, percorrendo os concellos de Cambados...

A Deputación colaborará co Concello de Beariz no impulso ao parque empresarial e a...

0
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Beariz, Manuel Prado Manuel Baltar comprometeu a colaboración coas iniciativas...

Carmela Silva, investida hoxe en Madrid nova confrade da Enxebre Orde da Vieira

0
A presidenta provincial, apadriñada polo ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño, nomeada xunto a outras nove persoas, destacadas pola súa vinculación e “amor por...

Fin de festa con Aldearmos

0
Remata Aldearmos coa sensación do traballo ben feito e cun último evento onde se achegaron persoas de todas as idades a gozar da música...

Publicacións Relacionadas