Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación celebra o Día da Biblioteca coa mostra virtual "A provincia...

A Deputación celebra o Día da Biblioteca coa mostra virtual “A provincia en libros”

- Anuncio -

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico propón un percorrido polos 61 concellos a través dun mapa interactivo que amosa unha publicación relacionada con cada municipio

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, vai celebrar o Día Internacional da Biblioteca que cada ano se conmemora o 24 de outubro coa publicación da exposición virtual ‘A provincia en libros’. A mostra (xa dispoñible en https://arquivos.depo.gal/a-provincia-en-libros) pretende achegarlle á cidadanía o fondo bibliográfico máis destacado e voluminoso da biblioteca do Arquivo dando a coñecer unha selección de 69 referencias bibliográficas de editoriais públicas e privadas.
A exposición está dividida en dous apartados: un que fai referencia a libros relacionados coa provincia como entidade administrativa xeral e outro dedicado de maneira individualizada a cada un dos 61 concellos, cun mapa interactivo que permitirá, premendo en cada municipio, acceder aos datos dun libro relacionado con este. Todas as publicacións teñen dispoñible unha ligazón ao seu rexistro bibliográfico completo no buscador Atopo, mentres que unha pequena porcentaxe poderá tamén ser consultada en liña por tratarse de obras en réxime de dominio público.
Segundo indica a deputada responsable do servizo, María Ortega, quen destacou o traballo do persoal do Servizo responsable da biblioteca, “a pequena exposición virtual pretende dar visibilidade aos nosos fondos, cuxo obxectivo fundamental é reunir, conservar e difundir a maior bibliografía posible sobre a provincia de Pontevedra e os seus diferentes concellos”.
No paseo polo mapa virtual dos libros da provincia pódense atopar pezas de temática variada que abordan dende cuestións económicas xerais, tradicións, música, nomenclátor, galeguismo, montes veciñais, deportes ou memoria histórica, entre outros. Entre os títulos hai creacións como ‘Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra’, ‘Nigrán: memoria dunha guerra: 1936-1939’, ‘As colareiras do Grove’, ‘A Vilagarcía das vellas postais’, ou ‘A finca do Castelo de Soutomaior’ ou ‘Cruces, cruceiros e petos do concello de Pazos de Borbén’, que permiten facer un percorrido e coñecer cuestións relevantes e tamén anecdóticas de cada unha das localidades.

Na actualidade, a colección da biblioteca provincial está composta por un total de 25.695 volumes de monografías e 16.551 exemplares de revistas, dos que preto dun 85% pertencen ao denominado fondo ‘Galicia’ (bibliografía de temática galega) e aproximadamente un 70% están directamente relacionados coa provincia de Pontevedra e os seus concellos.
A grande maioría dos libros están accesibles nas instalacións do Arquivo na modalidade de préstamo a domicilio e a información que conteñen vese enriquecida co resto de materiais (documentais, cartográficos e audiovisuais) dispoñibles no Servizo e no buscador Atopo. No que vai de 2021 foron 195 persoas usuarias (das 1.098 dadas actualmente de alta na biblioteca) que fixeron uso dos servizos de préstamo a domicilio (729) e consulta en sala (452).
Boletín de novidades
Ademais da mostra virtual, o departamento da biblioteca tamén publicou estes días o seu boletín de novidades por dúas vías, a través do correo electrónico ás persoas interesadas que o teñen solicitado mediante o enlace habilitado na web e tamén en versión pdf na páxina web do servizo, no apartado específico de ‘Novidades bibliográficas’. Nesta ocasión, o boletín inclúe 40 novidades co seu correspondente enlace á ficha no Atopo.
Entre as incorporacións –xa a disposición do público- hai libros editados entre 2020 e 2021 relativos ás figuras homenaxeadas nas últimas edicións das Letras Galegas, Carvalho Calero e Xela Arias; libros sobre memoria histórica como o publicado dende a Deputación coordinado por Montse Fajardo ‘O Pasado Por Vir’, ‘Barbacenses en Mauthausen’ ou ‘Cartas na Memoria: a persecución franquista no Val Miñor’; de temática feminista; arte; ou outros singulares como ‘Castelao e os vascos’ de Iñaki Anasagasti e ‘A presencia de Castelao en Euskadi: un líder carismático para os vascos’, de Xosé Estévez.

Relacionadas

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Obradoiros de tempada para achegar o Mercado de Tomiño á veciñanza

0
A Asociación de Praceiros e Praceiras pon en marcha unha programación trimestral coa que dinamizar a praza de abastos e poñer en valor os...

O británico Tom Glendenning ilustrará este sábado o recinto do skate park de Covelo...

0
A obra "Hai dous futuros" chamará a actuar contra a emerxencia climática tras ser unha das gañadoras do Concurso de Murais "People & Planet"...

Maceira, Covelo, celebra o seu entroido este sábado

0
Será a partir das 17:30 horas cun desfile individual e por grupos, o concurso de baile, batalla de globos xigantes e merenda A parroquia de...

Publicacións Relacionadas