Home Ourense Allariz-Maceda A Deputación colabora co Concello de Maceda no reforzo das infraestruturas deportivas...

A Deputación colabora co Concello de Maceda no reforzo das infraestruturas deportivas públicas

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Maceda, Rubén Quintas

Manuel Baltar comprometeu o apoio a dúas novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: a construción dun parque de habilidades ciclistas e a mellora das instalacións do campo de fútbol municipal

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de Maceda, Rubén Quintas, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do fortalecemento das infraestruturas deportivas públicas neste concello.

O presidente do goberno provincial valorou como “realmente útil” unha reunión na que se pecharon dous novos acordos para seguir reforzando a colaboración entre a Deputación e Maceda: a construción dun parque de habilidades ciclistas ao pe do castelo, vinculado ao Club Ciclista Maceda, e a mellora das instalacións do campo de fútbol municipal.

Manuel Baltar garantiu o apoio da Deputación a estas dúas propostas do rexedor: “Esta é unha nova mostra da capacidade propositiva de Rubén Quintas e do seu liderado en Maceda, sempre na procura de mellores servizos públicos para os veciños e cun marcado caracter innovador”. O presidente da Deputación incide na aposta do Concello de Maceda polo fomento de deporte do base, “apoiado no éxito de entidades como o Club Ciclista Maceda e cuestións claves como a calidade das infraestruturas públicas que ofrece” e que agora se ve “referendado nesta nova cooperación da Deputación”.

Pola súa banda, o alcalde de Maceda reivindicou a “estreita colaboración, incondicional. coa Deputación, que nos permite seguir avanzando no impulso ao deporte”. Nesta liña, Rubén Quintas destaca a repercusión que terá estes dous proxectos para a base: “Máis de 130 rapaces poderán usar o novo circuíto ciclista e outros 240, o campo de fútbol”.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

A Deputación leva este xoves a Arbo, Baiona e Salceda de Caselas o circuíto...

0
“Lúa quere viaxar a… Marte” de A Xanela do Maxín chegará ás 11:00 horas á biblioteca municipal de Arbo mentres que á praza do...

A Deputación leva este xoves a Moraña o circuíto +Escénicas con “O Apalpador e...

0
O espectáculo de teatro familiar poderá verse de balde ás 20:00 horas no auditorio do edificio multiúsos +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial,...

O Grupo provincial do PP esixe ao Goberno de España que se comprometa xa...

0
Desde o PP Provincial indican que están especialmente comprometidos con esta demanda, e xa por iso no pasado mes de setembro presentaron unha moción...

A Deputación abrirá en 2025 unha nova liña de axudas destinadas a asociacións de...

0
Cunha dotación de 50.000 euros, estas achegas teñen como obxectivo cubrir os gastos de xestión dos animais procedentes dos centros de acollida da rede...

Inaugurado o ascensor da rúa Rosalía de Castro

0
A obra supón unha importante mellora na comunicación peonil entre as dúas ribeiras do Miño O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, inaugurou esta mañá...

Publicacións Relacionadas