Home Terra de Celanova Celanova A Deputación colabora coa celebración en Celanova do XV Certame Galego de...

A Deputación colabora coa celebración en Celanova do XV Certame Galego de Bandas de Música

- Anuncio -

A cita celebrarase no Auditorio Municipal Ilduara o 3 e o 4 de decembro

A Deputación de Ourense colabora coa celebración da XV edición do Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará o 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. O certame, que por primeira vez celebrarase fora de Santiago, contará coa participación de oito bandas de música, ten entrada gratuíta e poderase ver tamén por streaming.

O deputado Pablo Pérez participou esta mañá na Sala de Prensa da Deputación na presentación do certame acompañado polo alcalde de Celanova, Antonio Puga; o secretario xeral de Política Linguística, Valentín García; e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares -organizadora do evento-, Iván Estévez.

Na súa intervención, Pablo Pérez destacou que “é unha verdadeira honra para a Deputación apoiar este certame, que ten en Ourense e, concretamente, Celanova, o espazo ideal para a súa celebración”. O deputado remarcou a “enorme tradición que ten a cultura das bandas de música en Celanova”, con fitos como a propia escola municipal apoiada polo Concello e a Deputación.

Valentín García manifestou a “enorme satisfacción por ver como este certame chega a Ourense, unha provincia cunha fonda tradición nas bandas de música, elementos dinamizadores que vertebran culturalmente o país”.

Pola súa banda, Antonio Puga agradeceu á Federación Galega de Bandas de Música Populares que escollera a vila celanovesa para celebrar este certame, destacando a tradición cultural de Celanova e a capacidade loxística e técnica para acoller este tipo de eventos.

Iván Estévez agradeceu na súa intervención o respaldo da Deputación, Concello e Xunta de Galicia, e sinalou a alta participación de bandas de música ourensás ademais da presenza da Banda de Lourenzá, nacida na pandemia.

Programación

O certame arrancará o sábado 3 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova coa participación das bandas de Caldas de Reis (17,00 horas), Santádega (18,00 horas), a Banda de Lourenzá (19,00 horas) e a Agrupación Musical da Limia (20,00 horas).

Para o domingo 4 de decembro, pola mañá será quenda para a sección infantil, coa participación a mediodía da Chikiband -de A Limia- e a Banda de música infantil de Rubiós (12,30 horas). Pola tarde, actuarán a banda xuvenil da Escola de Música de Silleda (17,00 horas) e a Banda Xuvenil de Celanova (18,00 horas). A continuación celebrarase o acto de clausura, coa entrega de diplomas e premios, que pecharán un fin de semana no que tamén se dará conta do resultado do XV Concurso Galego de Composición, que conta con 44 propostas inscritas.

Relacionadas

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, dotado...

0
As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas O...

Publicacións Relacionadas