Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios e autores ourensáns

- Anuncio -

A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas

A mostra, que poderá verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel, centrarase na influencia de figuras como Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares na historia desta editorial senlleira en Galicia

A Deputación de Ourense colabora coa editorial Galaxia na programación dunha exposición centrada na influencia de figuras como Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e Carlos Casares na historia desta editorial. A mostra enmárcase dentro das actividades máis destacadas que Galaxia promoverá durante 2025 polo seu 75 aniversario, baixo o lema “Crear porvir”. Así se anunciou durante a presentación do programa de actividades deste LXXXV aniversario, que se celebrou no hotel Ciudad de Vigo.

O director da área de Cultura da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, participou no evento literario, poñendo en valor o compromiso da institución ourensá con iniciativas coma esta, que reafirman a cultura como sinal de identidade da provincia.

O programa conmemorativo de Galaxia, que inclúe máis de sesenta iniciativas ao longo de 2025, estrutúrase arredor de exposicións, foros de debate, premios literarios, producións audiovisuais e eventos dirixidos a todos os públicos. Así, o protagonismo de Ourense será coa mostra “Espazos literarios e autores ourensáns en Editorial Galaxia 75 anos despois”.

A previsión é que entre os meses de abril e maio poida verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

A Deputación subvenciona a San Sadurniño con 29.000 euros para o financiamento do persoal...

0
O BOP deste venres 17 de xaneiro publica as resolucions sobre a concesión de varias axudas dirixidas aos concellos da provincia. Neste sentido, San...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

Luis López e Rafa Domínguez salientan que “a arte volve” a Pontevedra cunha Bienal...

0
O presidente provincial anuncia que a programación da Bienal, por primeira vez na súa historia, se descentralizará pola provincia cunha serie de espectáculos en...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle o regreso do pintor Xoti de Luis ao...

0
O artista inaugurou unha mostra na que consegue “traspasar o muro cotiá” coa súa creatividade A mostra poderá visitarse ata o próximo 2 de marzo A...

Publicacións Relacionadas