Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora coa rodaxe na provincia do filme “As Augas” baixo...

A Deputación colabora coa rodaxe na provincia do filme “As Augas” baixo a dirección da ourensá Ledicia Sola e a produción de Alfonso Zarauza

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu á directora e ao produtor, Alfonso Zarauza, que recalcaron o “orgullo” que supón “amosar o potencial da provincia, o encanto das súas vilas, a beleza da súa paisaxe e a forza da súa cultura e da súa enogastronomía”

A Deputación colaborará na rodaxe da película “As Augas”, un filme con tintes autobiográficos escrito e dirixido pola actriz ourensá Ledicia Sola e cuxo guión xa foi presentado no pasado mes de outubro no OUFF Lab.

A colaboración da institución provincial con este traballo quedou ratificada nunha reunión do presidente Luis Menor coa directora Ledicia Sola e o produtor do film, Alfonso Zarauza, que explicaron que a parte administrativa deste traballo está a piques de rematar para poder comezar cos traballos de rodaxe. Menor explicou que “a Deputación sempre está e estará ao carón da Cultura e do cine”, lembrando a aposta constante da institución provincial por estas manifestacións culturais, “e neste caso era irrenunciable que a Deputación estivera neste proxecto, polo seu marcado carácter ourensán. Este proxecto non só pon en valor a creatividade ourensá, senón que tamén promociona a imaxe da nosa provincial, que é tan fundamental”.

Tanto Ledicia Sola como Alfonso Zarauza amosáronse entusiasmados con este proxecto cinematográfico, así como “encantados de filmala integramente en Ourense, con temática netamente ourensá, escrita e dirixida por unha ourensá. Para nós é un orgullo, cremos no potencial da provincia, no encanto das súas vilas, beleza da súa paisaxe e na forza da súa gastronomía, da súa cultura e dos seus viños”

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

A Deputación subvenciona a San Sadurniño con 29.000 euros para o financiamento do persoal...

0
O BOP deste venres 17 de xaneiro publica as resolucions sobre a concesión de varias axudas dirixidas aos concellos da provincia. Neste sentido, San...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

Luis López e Rafa Domínguez salientan que “a arte volve” a Pontevedra cunha Bienal...

0
O presidente provincial anuncia que a programación da Bienal, por primeira vez na súa historia, se descentralizará pola provincia cunha serie de espectáculos en...

Publicacións Relacionadas