Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colabora coa xornada de identificación de pragas e enfermidades da...

A Deputación colabora coa xornada de identificación de pragas e enfermidades da pataca que reuniu a máis de 70 agricultores

- Anuncio -

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez; e o director territorial de Medio Rural da Xunta, José Antonio Armada, inauguraron hoxe esta iniciativa organizada polo Grupo Operativo XlPrisco

Na súa intervención, Rosendo Fernández explicou que o obxectivo desta xornada é “facilitar ferramentas aos agricultores de pataca para que lles permita prever pragas e enfermidades que eviten o seu impacto na produción”

A Deputación colabora coa xornada de identificación de pragas e enfermidades da pataca que reuniu hoxe a máis de 70 agricultores da Limia, e doutras zonas produtoras como Coristanco, Carballo ou Bergantiños.

O deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na inauguración desta xornada que ten como obxectivo “facilitar ferramentas aos agricultores de pataca para que lles permita prever pragas e enfermidades que eviten o seu impacto na produción”, explicou Rosendo Fernández.
Este é un dos obxectivos do grupo operativo “Estratexia Sustentable para a xestión integrada de enfermidades en cultivos de pataca”, financiado pola Xunta a través do programa FEADER 2023/013B, do que forma parte o Inorde, ademais da Universidade de Vigo, a IXP Pataca de Galicia, a Comunidade de Regantes Lagoa de Antela e agricultores como Leonardo Rodríguez de Coristanco.

Na inauguración da xornada tamén participou o presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez; e o director territorial de Medio Rural da Xunta, José Antonio Armada.
Esta iniciativa, que se celebrou na Sede da Comunidade de Regantes Antela, contou coa participación da docente e investigadora do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, Laura Meno, encargada de expoñer os obxectivos do grupo operativo XlPrisco.

A docente e investigadora expuxo os resultados preliminares dos campos de ensaio realizados na finca experimental do Inorde, ensaios nos que tamén participaron 8 agricultores que están a colaborar con este proxecto (un de Coristanco e sete da Limia). Así mesmo, convidou aos numerosos produtores participantes a sumarse ao proxecto para optimizar os resultados en base ao maior número de datos posible.
Pola súa parte, Fernando Alonso Arce, experto de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional e autor de cinco libros sobre enfermidades de pataca, fixo un pormenorizado repaso das diferentes tipoloxías de enfermidades da pataca provocadas por fungos, bacterias e virus. Explicou aos agricultores os síntomas para que poidan realizar unha detección temperá dos mesmos e conten cos mecanismos necesarios para poder enfrontalos.

A segunda parte da xornada desenvolveuse cun enfoque práctico, na finca de ensaios Antela do Inorde, para identificar plantas enfermas no campo.

Relacionadas

Luis López presenta unhas Rías Baixas con 61 concellos, que valora ao anfitrión e...

0
O presidente da Deputación, acompañado pola deputada de Turismo Nava Castro e membros do goberno provincial, estrean por primeira vez na provincia, antes que...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

A Deputación apoia a cuarta edición da proba ciclista O Gran Camiño, na que...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destacou na presentación oficial do evento a “gran oportunidade de difusión” para a provincia que ten a proba, que...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

A Deputación presenta por vez primeira na provincia a campaña de promoción turística do...

0
O presidente provincial Luis López, acompañado doutros membros do goberno da Deputación e dos participantes na campaña, desvelará a campaña este martes, 14 de...

A Deputación ten aberta ata este domingo 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra...

0
As obras expostas na mostra recóllense nunha publicación que repasa a vida e a obra artística de quen foi tamén alcalde de Bueu A exposición...

Publicacións Relacionadas