A Deputación de Ourense vén de prestar a súa colaboración para a primeira edición do festival musical Xoldra de Aguiar, que se celebrará en Pereiro de Aguiar o próximo 30 de xullo. Un evento que ademais de gastronomía e actividades de animación para rapaces tamén inclúe un compoñente solidario a favor do banco de alimentos do Pereiro.
O presidente da Deputación, Luis Menor, visitou esta mañá o campo da feira dos Gozos, onde se celebrará este evento, para coñecer no lugar os detalles dun evento que, segundo afirmou, achega “a inquedanza por recuperar o espírito das tradicionais festas populares, mesturadas con aires máis actuais, ao tempo que se amplía a oferta cultural e festiva e mestúrase co”.
Co patrocinio de Turismo de Galicia e máis a colaboración do Concello de Pereiro de Aguiar, xunto coa Deputación, Xoldra de Aguiar iniciará a súa programación a partir do mediodía e ata as dez da noite. A sesión vermú contará coa participación do grupo ourensán Os do Fuelle, para continuar cunha comida campestre a base de produtos tradicionais nas festas populares. Ademais das actividades organizadas para a cativada durante toda a xornada, a tarde continuará coas actuacións de Brinkadeira e Lamatumbá.
A entrada ao recinto ten un prezo de 15 euros, dos que cinco irán destinados ao banco de alimentos de Pereiro de Aguiar.