Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará co actor e produtor Ruben Riós na próxima edición...

A Deputación colaborará co actor e produtor Ruben Riós na próxima edición do festival Latexos do Rural e no documental e longametraxe “Vivas”

- Anuncio -

Manuel Baltar recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao creador ourensán, do que destacou “unha longa traxectoria na defensa do rural a través da cultura”, e con traballos que encaixan “nun dos eixos estratéxicos do goberno provincial como é a promoción da produción audiovisual no noso territorio”

Agradecido pola implicación e compromiso da Deputación, “que sempre estivo aí”, Rubén Riós destacou a función social destes proxectos, deseñados como “unha ferramenta de inclusión tanto no sociedade como no ámbito laboral para colectivos vulnerables”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao actor e produtor Rubén Riós, co que avanzou o apoio do goberno provincial aos proxectos culturais e audiovisuais que ten en marcha o creador ourensán: o festival Latexos do Rural no Camiño e o documental e longametraxe “Vivas”.

Manuel Baltar felicitou a Rubén Riós por “unha longa traxectoria na que demostra a súa capacidade para defender o mundo do rural a través de distintas expresións culturais”. Un traballo que, ademais, “encaixa nun dos eixos estratéxicos do goberno provincial como é a promoción da produción audiovisual no noso territorio”.

Agradecido pola implicación e compromiso da Deputación, “que sempre estivo aí”, Rubén Riós quixo destacar a función social que cumpren estes proxectos, deseñados como “unha ferramenta de inclusión tanto no sociedade como no ámbito laboral para colectivos vulnerables”. Grazas á colaboración do goberno provincial, engadiu, “conectamos a provincia de Ourense, pola que tamén traballa esta administración, co talento e a paisaxe nuns momentos tan complexos como estes”.

Proxectos promovidos a través da Asociación da Castaña e da produtora Claqueta Coqueta

A través da Asociación da Castaña, Rubén Riós prepara unha nova edición do festival Latexos do Rural no Camiño, unha iniciativa que xurdiu no ano 2021 e que, con diversos escenarios en distintos lugares, mostra ao público “a creatividade inclusiva máis importante no rural ourensán” a través de traballos audiovisuais, teatro ou citas literarias.

Por outra banda e coa súa produtora Claqueta Coqueta, que vén de cumprir 15 anos de actividade, Riós afronta a rodaxe da súa primeira longametraxe, “Vivas” e do documental que a complementa, “Máis vivas”, que abordarán a soidade e a violencia de xénero. Unha produción que terá selo internacional pois terá como localizacións o municipio portugués de Águeda, no distrito de Aveiro, e os concellos ourensáns da Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil.

Relacionadas

“Orixe Rías Baixas” conquista nuevos misterios

0
A campaña turística da Deputación de Pontevedra, protagonista na Estación de Metro madrileña vestíndoa coas súas tradicións e o seu patrimonio inmaterial inigualable Carmela Silva,...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana cinco novas accións formativas

0
Os obradoiros centraranse en ciberseguridade, mulleres emprendedoras, SEO, emisións en liña e márketing dixital A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento...

A Deputación abre este luns o prazo para inscribirse na terceira das rutas ornitolóxicas...

0
A camiñada guiada para observar aves desenvolverase de xeito gratuíto o 9 de abril nas ribeiras do río Umia, percorrendo os concellos de Cambados...

A Deputación colaborará co Concello de Beariz no impulso ao parque empresarial e a...

0
O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Beariz, Manuel Prado Manuel Baltar comprometeu a colaboración coas iniciativas...

Carmela Silva, investida hoxe en Madrid nova confrade da Enxebre Orde da Vieira

0
A presidenta provincial, apadriñada polo ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño, nomeada xunto a outras nove persoas, destacadas pola súa vinculación e “amor por...

Fin de festa con Aldearmos

0
Remata Aldearmos coa sensación do traballo ben feito e cun último evento onde se achegaron persoas de todas as idades a gozar da música...

Publicacións Relacionadas