Home Terra de Caldelas A Teixeira A Deputación colaborará co Concello da Teixeira na mellora de infraestruturas públicas

A Deputación colaborará co Concello da Teixeira na mellora de infraestruturas públicas

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar recibiu esta mañá no Pazo Provincial á alcaldesa en funcións do Concello da Teixeira, Marisol Borrajo, para avaliar as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións

A Deputación cooperará no arranxo dun depósito de auga municipal, actuación xa incluída na modificación de crédito aprobada en febreiro

Manuel Baltar salienta que “a Deputación, como concello dos concellos ourensáns, sempre estará a carón de todos os municipios, con plena dispoñibilidade para colaborar naquelas iniciativas que melloren a calidade de vida dos veciños”

Marisol Borrajo agradece “a receptividade e o compromiso que mantén a Deputación con concellos como o noso, permitíndonos levar a cabo proxectos importantes para a veciñanza”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial unha xuntanza de traballo coa alcaldesa en funcións do Concello da Teixeira, Marisol Borrajo, na que avaliaron as liñas de colaboración abertas entre ambas administracións perfiladas arredor da mellora das infraestruturas e os servizos públicos.

Nesta liña de cooperación, a Deputación asumirá o arranxo dun depósito de auga municipal, actuación xa incluída na modificación de crédito aprobada pola corporación provincial no pleno do pasado mes de febreiro.

Despois da reunión, enmarcada segundo o presidente do goberno provincial “nesta dinámica de colaboración interadministrativa tan beneficiosa para o territorio ourensán”, Manuel Baltar salientou que “a Deputación, como concello dos concellos ourensáns, sempre estará a carón de todos os municipios, con plena dispoñibilidade para colaborar naquelas iniciativas que melloren a calidade de vida dos veciños”.

Pola súa banda, Marisol Borrajo agradeceu “a receptividade e o compromiso que mantén a Deputación con concellos como o noso, permitíndonos levar a cabo diversos proxectos que resultan importantes para a veciñanza”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas