HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación colaborará co Concello de Paderne de Allariz en novos proxectos...

A Deputación colaborará co Concello de Paderne de Allariz en novos proxectos de abastecemento, saneamento e reforzo da seguridade vial

- Anuncio -spot_img

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández


Manuel Baltar comprometeu o apoio a dúas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: un proxecto de alcantarillado e construción dunha senda peonil en San Lourenzo e a recuperación de mananciais en San Xes

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións.


Unha reunión “moi positiva”, segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación a dous proxectos propostos polo rexedor: un proxecto de alcantarillado e construción dunha senda peonil en San Lourenzo e a recuperación de mananciais en San Xes.


“Estas dúas iniciativas definen o espírito de colaboración definitorio da nosa folla de ruta: atender as necesidades dos veciños en cuestións tan transcendentais e que marcan o noso día a día coma a seguridade vial ou garantir o abastecemento de auga”, remarcou Manuel Baltar, que quixo recoñecer o “excelente traballo de José Manuel Fernández, perfecto coñecedor da realidade de Paderne de Allariz e sempre disposto a propoñer, artellar e culminar novas vías de colaboración coa Deputación, o mellor aliado dos 92 concellos da provincia de Ourense”.

Publicacións Relacionadas