Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará co Concello de San Amaro na reforma da OU-0303,...

A Deputación colaborará co Concello de San Amaro na reforma da OU-0303, para mellorar a conexión do municipio coa AG-54

- Anuncio -

O presidente da Deputación reuniuse esta mañá co alcalde do municipio, Fernando Redondo, para abordar esta obra, que contará este ano cunha inversión de 210.000 euros por parte da institución provincial

Entre as novas liñas de cooperación estudadas na reunión de esta mañá, Manuel Baltar avanzou o apoio ao proxecto de eficiencia enerxética da iluminación pública do municipio, redactado polo actual equipo de goberno e que está pendente de acadar financiación do IDAE

O presidente da Deputación recoñeceu o traballo do alcalde: “Amosa unha xestión planificada, con proxectos reais e con capacidade dabondo para seguir traballando a prol dos veciños de San Amaro”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo. Entre outros proxectos de colaboración, abordaron o compromiso da Deputación para reformar a OU-0303 a seu paso por San Amaro, unha infraestrutura viaria clave por comunicar este municipio coa AG-54.

Manuel Baltar valorou esta reunión como “unha oportunidade para felicitar ao alcalde de San Amaro despois dos seus primeiros seis meses de xestión -Redondo tomou posesión o 25 de outubro de 2021-, unha xestión planificada con proxectos reais que van a contar co apoio da Deputación. Algúns deles xa forman parte da modificación de crédito que aprobaremos neste pleno do día 29 de abril e outros que irán no futuro”.

Ademais da reforma da estrada, que contará este ano cun investimento de 210.000 euros da Deputación, no encontro tamén se avanzou o apoio da institución provincial á mellora da eficiencia enerxética para todos os puntos de luz pública do municipio, un proxecto de máis de 700.000 euros presentado polo equipo de Fernando Redondo ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) para obter financiación. De conseguir esta axuda, a Deputación aportaría o 15% restante dun proxecto de máis de 700.000 euros. Manuel Baltar garantiu a cooperación con “proxectos e plans estratéxicos para San Amaro, nos que a Deputación ten que estar”.

O presidente da Deputación recoñeceu o traballo do alcalde: “Estamos vendo unha xestión proactiva, en defensa dos intereses xerais de San Amaro e unha boa oportunidade para saudar estes seis meses de xestión pero tamén para comprobar que hai capacidade dabondo para seguir planificando, proxectando e executando a prol dos veciños”.

“A reforma da OU-303 é unha promesa cumprida”

Fernando Redondo remarcou como este compromiso supón cumprir unha promesa adquirida cos veciños de San Amaro: “A reforma da OU-303 foi unha das cousas coas que me comprometín no pleno de investidura. Nese momento tiven todo o apoio do presidente da Deputación e hoxe temos 210.000 euros comprometidos para esta obra. E a semana que ven, enxeñeiros da Deputación visitarán a zona”.

O alcalde de San Amaro tamén sinalou que en xuño comezarán os proxectos da reforma integral da travesía urbana de Cruceiro e do alumbrado deste núcleo: “Proxectos cos que me comprometín fai seis meses e que se farán realidade antes do verán”. E no horizonte, explica, está o mencionado proxecto de eficiencia enerxética, redactado polo actual equipo de goberno durante xaneiro e febreiro e presentado ao IDAE en marzo: “Un plan ambicioso dentro da nosa aposta por mellorar a calidade de vida dos veciños. Porque os veciños do rural queremos seguir vivindo no rural pero con servizos de primeiro nivel”.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Publicacións Relacionadas