Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará co Concello de San Cristovo de Cea na mellora...

A Deputación colaborará co Concello de San Cristovo de Cea na mellora das infraestruturas viarias

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde deste municipio, José Luis Valladares

Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor: o arranxo de vías municipais e o afirmado do camiño do cemiterio

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, para estudar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións.

Manuel Baltar avanzou a José Luis Valladares a “máxima implicación do goberno provincial con San Cristovo de Cea” para seguir reforzando as liñas de colaboración abertas entre ambas entidades e “seguir mellorando os servizos públicos”.

Nesta reunión, o presidente do goberno provincial garantiu o respaldo a dous novos proxectos presentados polo rexedor que xiran arredor da mellora das infraestruturas viarias: o arranxo de vías municipais en todo o concello e o afirmado do camiño do cemiterio.

Manuel Baltar incide na importancia da cooperación institucional para “avanzar na execución de proxectos necesarios para o benestar cotiá dos veciños”. Como administración “máis próxima ao territorio e dende o noso rol de ‘gran consultor dos concellos”, remarca o titular do goberno provincial, “activamos toda a nosa capacidade económica, técnica e xurídica para desenrolar novas iniciativas que permitan seguir construíndo provincia”.

Pola súa banda, José Luis Valladares agradece á Deputación e ao seu presidente “a alianza con San Cristovo de Cea, referendada a través da completa receptividade ás nosas propostas e o compromiso diario cos concellos do rural”.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas