Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará coa Fundación San Rosendo na mellora asistencial dos maiores...

A Deputación colaborará coa Fundación San Rosendo na mellora asistencial dos maiores na provincia de Ourense

- Anuncio -

Así llo trasladou o presidente provincial, Luis Menor, ao presidente da entidade, José Luis Gavela, durante unha reunión de traballo no Pazo Provincial 

Menor subliñou a importancia que para a veciñanza ourensá suporán os proxectos da Fundación, “cun salto cualitativo a nivel asistencial na provincia a prol desa xeración á que tanto lle debemos” 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe unha reunión de traballo no Pazo Provincial co presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela, encontro no que amosou a disposición da institución provincial a colaborar cos proxectos de ámbito asistencial nos que está a traballar a entidade. 

Luis Menor subliñou a importancia que para a veciñanza ourensá suporán os proxectos da Fundación, “cun salto cualitativo a nivel asistencial na provincia a prol desa xeración á que tanto lle debemos”. Un compromiso social que, como lembra o presidente, tamén materializou o goberno autonómico recentemente coa aprobación dun investimento de máis de 10,7 millóns de euros para a construción, mellora ou ampliación de 16 centros de atención a maiores en diversos concellos ourensáns. 

Acompañado por Julio Soto, patrono da Fundación, José Luis Gavela detallou ao presidente provincial os plans nos que están traballando. Ademais de estar á espera da concesión de licencia, por parte do Concello de Ourense, para o inmoble da praza de Pontevedra no que se habilitarán 28 prazas para dependentes e catro apartamentos tutelados, a entidade tamén proxecta dúas accións importantes nas vilas de Verín e Xinzo de Limia.  

Este ano será en Verín onde, pendentes da licencia do Concello, levarán a cabo a obra da residencia xeriátrica que constará de 100 prazas e suporá a creación de 48 postos de traballo de acordo ao novo modelo residencial que promove a Xunta de Galicia. Tamén se traballa para que o vindeiro ano se constrúa en Xinzo de Limia, un complexo residencial con 135 prazas que crearán ao redor de 55 postos de traballo. 

Relacionadas

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Deputación abre este venres o prazo para solicitar as axudas para a realización...

0
Con esta liña de subvencións, por concorrencia competitiva, o goberno de Luis López busca fomentar o turismo na provincia distribuíndo axudas que ascenden a...

A Deputación recibe este domingo 28 de xullo a 140 cativos de 29 concellos...

0
Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas Os campamentos da Lanzada da...

A Deputación leva este sábado a Budiño ata Moaña e a Dakidarría ata Tomiño...

0
O concerto de Budiño terá lugar ás 23:30 horas no Paseo marítimo de Moaña e o de Dakidarría ás 22:30 horas na Praza do...

Publicacións Relacionadas