HomePontevedraBarroA Deputación completa a instalación de paneis fotovoltaicos para a produción de...

A Deputación completa a instalación de paneis fotovoltaicos para a produción de enerxía no novo Parque de Maquinaria de Barro

- Anuncio -spot_img

A entidade recibiu unha achega do INEGA, a través do programa europeo Galicia Feder 2021-2027, que cubre o 60% do custe de posta en marcha destas instalacións eficientes para o autoconsumo de enerxía

A Deputación de Pontevedra acaba de completar a instalación de paneis fotovoltaicos para a produción de enerxía no novo Parque de Maquinaria de Barro, á que destinou 85.000 euros. A entidade provincial recibiu unha achega do INEGA, a través do programa europeo Galicia Feder 2021-2027, que cubre o 60% do custe da posta en marcha destas instalacións eficientes para o autoconsumo de enerxía.

A actuación contemplou a instalación de paneis fotovoltaicos para a produción de enerxía de autoconsumo nas marquesiñas localizadas no linde sur do centro operativo de Infraestruturas. En concreto, instaláronse placas solares cunha potencia fotovoltaica de 96,8kW, así como os elementos complementarios necesarios para o seu funcionamento como inversores fotovoltaicos, cables, bandexas e elementos precisos para inxectar a enerxía solar á rede interna de consumo eléctrico da nave.

O obxectivo desta actuación é impulsar a enerxía fotovoltaica como fonte renovable con reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, a redución das emisións de CO2, o autoabastecemento, a seguridade da subministración e contribúe á descarbonización do sistema eléctrico.

Publicacións Relacionadas