Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación concede 350.000 euros en axudas para oito proxectos municipais e...

A Deputación concede 350.000 euros en axudas para oito proxectos municipais e iniciativas deportivas, veciñais e culturais

- Anuncio -

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de máis de 350.000 euros en subvencións para o financiamento de oito proxectos municipais, así como outras iniciativas de carácter deportivo, veciñal e cultural.

Na sesión celebrada esta mañá, baixo a presidencia de Manuel Baltar, concedeuse unha achega de 125.000 euros ao Concello de Pereiro de Aguiar para mellora de vías municipais, ademais doutra axuda de preto de 48.000 euros para acondicionar o acceso á estrada OU-540 en Parderrubias (A Merca). Case idéntica cantidade recibirá San Amaro para un plan de optimización do alumeado público na parroquia de Eiras.

Segundo o acordado hoxe, o Concello de Parada de Sil disporá de dúas axudas: 35.000 euros para o acondicionamento da pasarela do río Mao e outros 25.000 para a reparación de infraestruturas danadas nas riadas de principios de ano.

A relación de axudas aprobadas esta mañá para cooperación cos concellos complétase con 10.000 euros a favor de Entrimo para as Portas do Xurés; 25.000 a San Xoán de Río para acondicionar noiros por derruba; e 17.000 euros para a restauración de farois no concello de Toén.

En colaboración con entidades, a Xunta de Goberno aprobou unha achega de 10.000 euros a favor da Federación Galega de Hóckey para o Campionato de España infantil masculino e feminino; a asociación cultural Luarada recibirá 5.000 euros para o Festival RIR de Allariz; e o colectivo veciñal O Castro contará con 2.500 euros para o equipamento do local social.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas