test
Home Pontevedra Caldas A Deputación concede preto de 70.000 euros a Caldas de Reis para...

A Deputación concede preto de 70.000 euros a Caldas de Reis para mellorar as instalacións do campo de fútbol das Corticeiras

- Anuncio -

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 3,8 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe unha nova achega para o Concello de Caldas de Reis de preto de 70.000 euros. Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que permitirán ao concello mellorar as instalacións do campo de fútbol das Corticeiras. “Con estes recursos – tal e como explicou o presidente provincial, Luis López- temos xa distribuído 3,8 millóns de euros dos 4 aprobados no marco deste Plan, que está a transformar, como nunca antes se fixera, os equipamentos e dotacións para a práctica do deporte na provincia”.

Os 68.056 euros que recibe o Concello de Caldas de Reis da Deputación de Pontevedra permitirán realizar melloras que levan tempo sendo requiridas polos usuarios habituais das instalacións. Principalmente, consisten na mellora da cuberta das gradas, que actualmente só é superior, polo que nos días de mal tempo entra a chuvia. Neste eido, procederase a pechar completamente as gradas pola súa parte traseira co obxectivo de aumentar a protección.

Ademais, o Concello completará as obras mellorando o sistema de iluminación do terreo de xogo, que conta actualmente con catro torres de iluminación de 15 metros de altura con proxectores de 407W, que non é suficiente nin uniforme. Para dar unha mellor solución, instalaranse oito novos proxectores, a maiores das torres.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas...

0
• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Publicacións Relacionadas