HomePontevedraBarroA Deputación confirma que o Polígono de Barro ten xa o 84%...

A Deputación confirma que o Polígono de Barro ten xa o 84% das parcelas ocupadas

- Anuncio -spot_img

Luis López sitúa ao Polígono Industrial de Barro como “unha infraestrutura  fundamental para a economía da provincia de Pontevedra” e remarca que nestes momentos son 28 as empresas instaladas, con 12 parcelas dispoñibles das que 2 están xa reservadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión dunha parcela no Polígono de Barro que ocupará Hierro y Metales Carballeda por valor de preto de 300.000 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión dunha parcela no Polígono de Barro por valor de preto de 300.000 euros que ocupará Hierro y Metales Carballeda. Neste eido, tal e como informou o presidente provincial Luis López, “seguimos avanzando nesta infraestrutura fundamental para a economía da provincia de Pontevedra” que ten xa ocupadas o 84% das parcelas, con 28 empresas instaladas e 12 parcelas dispoñibles das que 2 están reservadas.

“Este é un parque empresarial de éxito, un referente” destacou López quen engadiu que “a súa situación estratéxica é todo un acerto” a pouco máis de 10 minutos en coche de Pontevedra, 15 de Sanxenxo, 40 de Vigo ou 45 de Santiago o que o converte “nun dos grandes polos económicos de Galicia”.  Neste eido, o presidente provincial remarcou a vontade de seguir traballando “para que as empresas se asenten na provincia de Pontevedra, dinamicen a economía e xeren oportunidades de emprego entre a nosa veciñanza”.

Deste xeito situaranse no Polígono de Barro un total de 28 empresas: Hijos de Rivera, Froiz, Autocares Novas Rías, Mariscos Alumar, Estación de Servicio Low Cost, TC Group Atlántico, M&G Técnicos Servicios Globales Logísticos; Aricur, Balvalen, José Benito González Villaverde, Rafael Díaz Buceta, Frutas Moncho, Transfrío Rías Baixas, Acuña, Mafari Café, Docer, Tecfrisa, Gescogra, Gasóleos Rías Baixas, Carpas Pontevedra, EDF Solar, CAENOR, Bespi Inversiones, Gestión de recursos y maquinaria, Prosol Energía, Artesa Rías Baixas y Distribuciones Maroño e Hijos, Hierro y Metales Carballeda. Tamén se sitúan no Polígono instalacións da Deputación de Pontevedra como o Viveiro de Empresas, o Centro de Apoio Empresarial ou o Parque de Maquinaria.

Publicacións Relacionadas