HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación confirma que o turismo internacional medrou preto dun 7% en...

A Deputación confirma que o turismo internacional medrou preto dun 7% en novembro do 2025 con respecto ao mesmo mes do pasado ano

- Anuncio -spot_img

A aposta do organismo provincial pola internacionalización do destino segue dando os seus froitos, cun 2025 no que medra continuamente o número de visitantes procedentes do estranxeiro

A provincia concentrou en outubro ao 33% dos visitantes que chegaron a Galicia

A  Deputación de Pontevedra confirma que a chegada de turistas estranxeiros á provincia medrou preto dun 7% no pasado mes de novembro con respecto ao mesmo mes de 2024. Os datos do Observatorio de Turismo Rías Baixas, que se nutren dos rexistros do INE, constatan un mes máis o crecemento continuo deste tipo de visitantes e ratifica que a aposta do organismo provincial pola internacionalización do destino continúa demostrando ser un éxito. Ademais, ao longo do mes de novembro chegaron á provincia o 33% das persoas que visitaron o conxunto de Galicia, cun 75% de residentes en España e un 25% de estranxeiros.

No que respecta ao mes de decembro, con datos acumulados ata o 21 de decembro, acudiron ao Palacete das Mendoza (sede de Turismo Rías Baixas) máis de 1.200 visitantes. A maioría deles eran españois, o 81%, e procedían de Madrid e Barcelona principalmente. Pola súa banda o 19% restante chegou desde Portugal, Francia, Alemaña e os Estados Unidos. Entre os principais motivos para visitar Rías Baixas os visitantes remarcaron a oferta de ocio, a iluminación de Nadal de Vigo e a cultura.

En canto ao Camiño de Santiago, este mes percorreron algunha das vías que atravesan a provincia de Pontevedra preto de 900 peregrinos. O número máis numeroso segue a rexistrarse no Camiño Portugués, seguido do Camiño Portugués pola Costa, a Vía da Prata e o Camiño do Inverno. Neste caso, o 66% das persoas que percorren o Camiño son visitantes internacionais, procedentes de Portugal, os Estados Unidos e Italia.

Publicacións Relacionadas