Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na...

A Deputación conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando o papel das mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas

- Anuncio -

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, que permanecerá no centro educativo ata o 6 de marzo

“Precisamos achegar ás nenas referentes femininos no ámbito científico e tecnolóxico e recoñecer o papel clave que desenvolveron e desenvolven moitísimas mulleres nas disciplinas STEAM”, asegurou Bastos

A Deputación de Pontevedra conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia visibilizando o papel das mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, acaba de inaugurar no CIFP Manuel Antonio de Vigo a exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, unha mostra a través da cal se achegan “referentes femininos no ámbito científico e tecnolóxico” á mocidade e tamén se recoñece “o papel clave que desenvolveron e desenvolven moitísimas mulleres nas disciplinas STEAM”.

“Necesitamos rachar cos estereotipos de xénero nas STEAM” subliñou Bastos quen insistiu na importancia de traballar desde a base e os centros educativos para poder construír unha sociedade onde “as nenas non vexan limitadas as súas capacidades para dedicarse ao que desexen, sexa tecnoloxía, sexa ciencia, sexa enxeñería ou matemáticas”. Por estes motivos, no décimo aniversario do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a deputada de Igualdade apelou á necesidade de “recoñecer o papel clave das mulleres científicas” e de “dar a coñecer o papel que desenvolven e desenvolveron nestes ámbitos para construír modelos de conduta que inspiren ás nenas e ás mozas”.

Con “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, a Deputación de Pontevedra está a trasladar a historia de mulleres pioneiras na investigación e nas ciencias mariñas, pero tamén de mulleres que dedicaron e dedican a súa vida aos oficios do mar e representan “á perfección que non se entende a economía e a sustentabilidade do mar sen a súa participación activa”.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas