A Deputación continúa coas visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior

adminON
Lectura mínima de 2

As visitas teatralizadas para público adulto terán lugar o venres e sábado ás 20:00 e 21:45 horas e as familiares o sábado e domingo ás 12:00, 16:00 e 17:30 horas

As máis de 1.000 prazas ofertadas para a actividade, que se estenderá ata o 1 de novembro, están todas esgotadas

A Deputación de Pontevedra continúa coas visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior. As visitas teatralizadas para público adulto terán lugar o venres e sábado, 18 e 19 de outubro, ás 20:00 e 21:45 horas e as familiares o sábado e o domingo, 19 e 20 de outubro, ás 12:00, 16:00 e 17.30 horas. As máis de 1.000 prazas ofertadas pola institución provincial para esta actividade, que se estenderá ata o 1 de novembro, están todas esgotadas.

As visitas para público adulto consistirán nunha experiencia nocturna única e aterradora visitando da man da pantasma Félix as distintas zonas do castelo, onde haberá desagradables encontros. Pola súa banda, nas visitas familiares haberá cabida para sustos suaves, humor e un toque de misterio que encantará tanto a pequenos como adultos. Tanto as visitas dirixidas a público adulto como ás familias serán a cargo de Troula Animación.

Tras esta fin de semana, as visitas destinadas ao público adulto rematarán o 25 e 26 de outubro en horario de 20:00 a 21:45 horas e as familiares continuarán o 26 e 27 de outubro ás 12:00, 16:00 e 17:30 horas ademais do 1 de novembro, con dúas visitas ás 16:00 e 17:30 horas.

Comparte este artigo