Home O Condado As Neves A Deputación continúa este luns nas Neves as visitas do seu servizo...

A Deputación continúa este luns nas Neves as visitas do seu servizo de vixilancia, inspección e control da xestión de residuos

- Anuncio -

Os técnicos do SEVIC visitarán uns 25 establecementos comerciais da localidade co obxectivo de que sexan parte activa na xestión responsable dos biorresiduos

A Deputación de Pontevedra inicia este luns 10 de febreiro as visitas que o servizo de vixilancia, inspección e control de xestión de residuos (SEVIC) realizará a establecementos comerciais das Neves, un dos 16 concellos da provincia adheridos a esta iniciativa, que ten por obxectivo axudar os gobernos municipais da provincia a cumprir as esixencias da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (LRSCEC).

O obxectivo destas visitas, que se realizarán ao longo de dúas semanas a uns 25 establecementos produtores de biorresiduos das Neves, é que sexan parte activa na xestión responsable destes residuos, contribuíndo así á preservación do medio ambiente e ao fomento de espazos más limpos e saudables para os seus habitantes. Neste eido, o persoal técnico da Deputación daralles resposta ás súas dúbidas e orientaraos sobre as mellores prácticas de separación e manexo axeitado dos residuos. Ademais, tamén se recadará información para avaliar o cumprimento da normativa aplicable, concretamente sobre a correcta separación dos residuos nas diferentes fraccións coa que garantir a súa recollida separada. Adicionalmente, nestas visitas entregaranse guías e ofrecerase tamén contacto telefónico para resolver dúbidas.

Nestes momentos son 16 os concellos da provincia adheridos ao SEVIC: Baiona, Barro, Bueu, Cangas do Morrazo, A Cañiza, Gondomar, A Guarda, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda e Tomiño. Ao abeiro deste servizo, os produtores de residuos estarán suxeitos a inspeccións periódicas que serán levadas a cabo polo corpo de funcionarios habilitado pola Deputación, que teñen a consideración de axentes da autoridade. Deste xeito, os feitos constatados por este persoal formalízanse nunha acta e gozan da presunción de certeza a efectos probatorios. Polo de agora xa se realizaron visitas aos concellos de Baiona, Barro, Bueu, Cangas do Morrazo, Meis, Moaña, Salceda de Caselas, Silleda e Tomiño.

Relacionadas

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

0
O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e...

O concello de Tui finaliza con éxito o seu programa de capacitación dixital

0
Máis dun centenar de veciños e veciñas recibiron o seu certificado tras a formación realizada ao longo de 2024 O Concello de Tui  foi beneficiario...

O Concello de Caldas de Reis colabora na organización da I Semana da...

0
• O programa desenvolto pola logopeda Ana Belén Diz  inclúe, entre outras iniciativas, unha andaina solidaria,  que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de...

Mos coida da saúde mental da súa rapazada e imparte obradoiros para mitigar o...

0
107 alumnos/as de 3º curso da ESO do IES de Mos están a recibir pautas para coidar a saúde mental fronte o impacto das...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río...

0
Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org A organización Plantalo.org, que ten plantando máis...

Sobre a sentenza relativa á Policía Local e a proposta de modificación RPT para...

0
✔️ O Concello de Marín sempre pagou as noites e os festivos á Policía Local concepto de productividade. Isto quere decir que noite feita,...

Publicacións Relacionadas