Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación contribúe á mellora de infraestruturas viarias e instalacións deportivas en...

A Deputación contribúe á mellora de infraestruturas viarias e instalacións deportivas en Viana do Bolo

- Anuncio -

Nunha reunión celebrada no Pazo Provincial, Manuel Baltar transmitiu ao alcalde, Andrés Montesinos, o “inequívoco compromiso do goberno provincial” co arranxo da estrada que comunica Vilariño de Conso e Trives (OU-0701), ao seu paso polo concello vianés

O rexedor, que solicita a participación da Deputación na dotación de herba artificial para o campo de fútbol, agradece a receptividade do presidente e “a fluída atención coa que sempre son escoitadas as nosas necesidades”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo co alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, xuntanza enmarcada nos contactos que o titular do goberno provincial mantén cos alcaldes ourensáns para escoitar as súas necesidades e formular posibles liñas de cooperación.

No transcurso deste encontro, Manuel Baltar trasladou ao rexedor vianés a información dos técnicos da administración provincial referida ás actuacións que está a realizar a Deputación para o arranxo da estrada que comunica Vilariño de Conso e Trives (OU-0701), ao seu paso por Viana. O goberno provincial ten “un inequívoco compromiso co mantemento da rede provincial de estradas, e este treito non vai ser ningunha excepción”, afirma Manuel Baltar antes de sinalar que se está traballando nas opcións máis axeitadas para acondicionar a calzada.

Andrés Montesinos, pola súa banda, solicitou a colaboración da Deputación para dotar de herba artificial ao campo de fútbol de Viana. Un proxecto deseñado en base a un convenio de colaboración a tres bandas –Xunta de Galicia, Deputación e Concello- e que se poderá acometer unha vez finalice a presente tempada. Manuel Baltar comprometeu a participación do goberno provincial nesta mellora, “seguindo así a liña de colaboración que, en cuestións como esta, mantemos con outros concellos da provincia”.

O alcalde de Viana do Bolo agradeceu a receptividade do presidente da Deputación a esta proposta, subliñando “a fluída atención coa que sempre son escoitadas as nosas necesidades”.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

A Deputación regalará mañá un exemplar do libro “Ourense, muy cerca” a todos os...

0
Esta campaña de promoción, a través do traballo do escritor e xornalista Moncho Conde-Corbal, pon o foco nas vantaxes que ofrece a alta velocidade...

Cortes de tráfico na rúa Santo Domingo pola execución de obras, desde mañá até...

0
A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico de vehículos desde o acceso pola rúa Concordia, o martes, 23 de abril e o mércores,...

Publicacións Relacionadas