Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación convoca as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das...

A Deputación convoca as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais da provincia, dotadas con 200.000 euros

- Anuncio -

As entidades locais teñen un mes de prazo para presentar as solicitudes para estas axudas destinadas a crear ou manter e reforzar servizos destinados a incrementar o uso e o prestixio da lingua galega mediante a dotación de persoal

A Deputación de Pontevedra publicou este martes no Boletín Oficial da Provincia as bases das achegas para a creación, o mantemento e o reforzo dos servizos de normalización lingüística das entidades locais da provincia. Esta liña de axudas está dotada de 200.000 euros e busca consolidar o uso do galego como principal lingua de traballo e de comunicación no mundo local, tanto no ámbito da administración como en todos os sectores do territorio, para así incrementar tanto o seu uso como o seu prestixio. A partir do día seguinte ao da publicación, desde o mércores 12, as entidades locais da provincia terán un mes de prazo para presentar as súas solicitudes.

Poden solicitar as achegas provinciais os concellos de menos de 50.000 habitantes, as agrupacións de concellos, mancomunidades e tamén as entidades locais menores da provincia. Na liña destinada á creación deste servizo poderán recibir un máximo de 35.000 euros ou o 100% do seu orzamento de gastos. No caso da liña destinada ao mantemento e o reforzo do servizo de normalización lingüística, poderán optar aos recursos se xa contaban con el e estaba en funcionamento no momento de publicarse a convocatoria. Neste caso, a contía máxima a percibir será de 25.000 euros ou do 80% do seu orzamento de gastos.

As axudas están destinadas a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística das entidades solicitantes, e as funcións deberán ser desempeñadas por especialistas con titulación superior en Lingua Galega. Entre elas, atópanse as de fomentar o uso do galego; planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua; fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e en todos os sectores de importancia; propiciar e xestionar liñas de información, colaboración, coordinación e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial, educativa e xuvenil; promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega; funcións de asesoramento lingüístico interno e tamén outras de coordinación e apoio entre a Deputación e o resto de administracións.

Relacionadas

O concello de Bueu organizará as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se...

0
Os locais hostaleiros interesados en participar poderán inscribirse antes do 1 de marzo de forma presencial, por correo electrónico ou teléfonoSilvia Carballo, concelleira de...

Luis Menor anima aos concellos a adherirse ao programa da Deputación para elaborar un...

0
A iniciativa, aprobada no pleno do pasado mes de decembro, permitirá que os 91 municipios destinatarios poidan sumarse ata o próximo 30 de marzo...

Novos cursos Celga no concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas informa da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos Celga 2, Celga 3 e Celga...

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico...

0
“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara,...

0
O deputado de Dinamización do Medio Rural participa na visita da oficina itinerante do programa AceleraPyme a Maceda O deputado de Reto Demográfico e Dinamización...

O PP esixe solucións urxentes para a rede de sumidoiro e o abastecemento de...

0
• Otero solicita crear “un abastecemento municipal complementario e non que o Concello asuma a xestión do sistema actual de traídas veciñais, como pretende...

Publicacións Relacionadas