Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación convoca un novo Consorcio Erasmus+ para seguir impulsando a mobilidade...

A Deputación convoca un novo Consorcio Erasmus+ para seguir impulsando a mobilidade internacional do alumnado da provincia

- Anuncio -

O grupo, ao que se poderán adherir os centros educativos que impartan graos básicos e medios ou certificados de profesionalidade ata o nivel III, presentará unha solicitude de proxecto ao SEPIE dentro da convocatoria 2025 do Programa Erasmus+

A Deputación de Pontevedra acaba de convocar un novo Consorcio de Mobilidade, ao que se poderán adherir os centros educativos da provincia, coa finalidade de presentar conxuntamente unha solicitude de proxecto e financiamento ao Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) dentro da convocatoria de propostas 2025 do Programa Erasmus+ para impulsar a mobilidade internacional do alumnado da provincia. O prazo de solicitude de adhesión dos centros rematará o próximo 15 de xaneiro.

O novo consorcio tomará a remuda do actual, do que forman parte 39 centros educativos de 22 concellos da provincia (A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa), e para poder formar parte deberán impartir especialidades de grao básico e medio e certificados de profesionalidade dos niveis I, II e III. Coa súa participación no Erasmus+, a Deputación impulsa que o alumnado da provincia recentemente titulado, así como docentes e persoal non docente que traballe en educación e formación profesional, realice mobilidades en países europeos para realizar prácticas profesionais en empresas e organizacións do estranxeiro.

O obxectivo xeral do Programa Erasmus+ é apoiar, mediante a aprendizaxe permanente, o desenvolvemento educativo, profesional e persoal das persoas no ámbito da educación e a formación, a mocidade e o deporte, tanto dentro como fóra de Europa, a fin de contribuír ao crecemento sostible, ao emprego de calidade, á cohesión social, a impulsar a innovación e a reforzar a identidade europea e a cidadanía activa. A Deputación de Pontevedra leva unha década desenvolvendo proxectos de mobilidade para estudantes e persoal de educación e formación profesional que se presentan ás convocatorias anuais do programa.

O proxecto terá unha duración inicial de 15 meses, con posibilidade de prórroga ata os 24 meses, mentres que as estadías se levarán a cabo en diferentes períodos a concretar. As persoas beneficiarias poderán realizar a mobilidade nun dos países do programa Erasmus+, é dicir, países pertencentes á Unión Europea (Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía e Suecia), así como terceiros países asociados ao programa (República de Macedonia do Norte, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Turquía e Serbia).

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas