Home Verín Cualedro A Deputación cooperará cos concellos de Monterrei e Cualedro en actuacións enfocadas...

A Deputación cooperará cos concellos de Monterrei e Cualedro en actuacións enfocadas a mellorar os servizos públicos aos veciños

- Anuncio -

Manuel Baltar reuniuse esta mañá no Pazo Provincial con José Luis Suárez e, posteriormente, con Luciano Rivero, comprometendo o apoio da institución provincial a varios proxectos sociais e de infraestruturas dentro da aposta da Deputación por cooperar coas administracións públicas

En Monterrei, a Deputación implicarase nun proxecto piloto de axuda a domicilio ou na reparación do firme e mellora do saneamento de diferentes núcleos de poboación. En Cualedro, na cofinanciación do proxecto da aldea modelo de Infesta ou no punto limpo

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez e, posteriormente, co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero. Nestas dúas xuntanzas de traballo, os rexedores prantexaron ao presidente da Deputación actuacións de mellora nos seus respectivos municipios, acadando o compromiso de implicación da institución provincial dentro da aposta da Deputación por cooperar coas administracións, co obxectivo de mellorar os servizos dos veciños do rural.

En concreto, en Monterrei, a Deputación implicarase nun proxecto piloto de asistencia de axuda no fogar; na renovación do abastecemento e saneamento de Medeiros; na reparación dos firmes dos núcleos de Guimarei, Vilaza, San Cristovo, Mixós e A Magdalena, ademais da mellora do saneamento de Flariz.

En Cualedro, Manuel Baltar e Luciano Rivero acordaron o compromiso para avanzar no proxecto da aldea modelo de Infesta -en cofinanciación coa Consellería de Medio Rural-; na mellora dos accesos aos usuarios de parapente na serra do Larouco e no punto limpo para os concellos de Trasmiras, Monterrei e Cualedro -co cofinanciamento da Consellería de Medio Ambiente-.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

A Deputación leva este xoves a Arbo, Baiona e Salceda de Caselas o circuíto...

0
“Lúa quere viaxar a… Marte” de A Xanela do Maxín chegará ás 11:00 horas á biblioteca municipal de Arbo mentres que á praza do...

A Deputación leva este xoves a Moraña o circuíto +Escénicas con “O Apalpador e...

0
O espectáculo de teatro familiar poderá verse de balde ás 20:00 horas no auditorio do edificio multiúsos +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial,...

O Grupo provincial do PP esixe ao Goberno de España que se comprometa xa...

0
Desde o PP Provincial indican que están especialmente comprometidos con esta demanda, e xa por iso no pasado mes de setembro presentaron unha moción...

A Deputación abrirá en 2025 unha nova liña de axudas destinadas a asociacións de...

0
Cunha dotación de 50.000 euros, estas achegas teñen como obxectivo cubrir os gastos de xestión dos animais procedentes dos centros de acollida da rede...

Inaugurado o ascensor da rúa Rosalía de Castro

0
A obra supón unha importante mellora na comunicación peonil entre as dúas ribeiras do Miño O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, inaugurou esta mañá...

Publicacións Relacionadas