HomeDeputaciónsDeputación LugoA Deputación corta a estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares polos danos...

A Deputación corta a estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares polos danos na calzada

- Anuncio -spot_img

– Técnicos da institución provincial valoraron esta mañá o estado da vía á altura do quilómetro 15, ao seu paso pola parroquia chantadina de Nogueira de Miño, onde apareceu unha fenda de varios centímetros no borde exterior do firme

A Deputación de Lugo cortou este venres ao tráfico a estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares, para garantir a seguridade dos condutores que transitan por esta vía. Técnicos da institución provincial valoraron esta mañá o estado da calzada á altura do quilómetro 15, ao seu paso pola parroquia chantadina de Nogueira de Miño, onde apareceu unha fenda de varios centímetros no borde exterior do firme.

Trátase dun treito que descorre á beira do río Miño, nunha zona de viñedos que soporta maquinaria agrícola e tráfico fundamentalmente local. A institución provincial xa  reparara esta estrada, que percorre as ladeiras entre o Miño e o Sil, no 2019, tras os danos ocorridos a esa mesma altura. Trátase dunha zona especialmente complicada polas características do terreo.

Os técnicos da Deputación estudian agora as posibles solucións que se lle pode dar a esta vía da Ribeira Sacra e que forma parte da rede de estradas provinciais.

Publicacións Relacionadas