HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación crea unha proba de trail running entre os Castelos de...

A Deputación crea unha proba de trail running entre os Castelos de Soutomaior e Sobroso para divulgar estas dúas xoias de Rías Baixas

- Anuncio -spot_img

“Seguimos promovendo o turismo e facéndoo da man do deporte e dos castelos de Soutomaior e Sobroso, dous grandes bastións que, con actividades como esta, se están a converter en centros turísticos de primeira orde”, asegurou o presidente Luis López

A Xunta de Goberno acaba de aprobar o expediente de contratación para adxudicar o servizo de organización e execución desta actividade que será totalmente gratuíta e se pon en marcha por vez primeira no marco da Estratexia Rías Baixas Turismo 61

A Deputación de Pontevedra destinará 54.500 euros á posta en marcha do trail Entre Castelos Rías Baixas, unha actividade totalmente gratuíta que se pon en marcha por vez primeira para impulsar o turismo activo na provincia e dar visibilidade ao patrimonio. A Xunta de Goberno acaba de aprobar o expediente de contratación para adxudicar o servizo de organización e execución desta actividade que se enmarca no Plan de Comunicación dos Castelos de Sobroso e Soutomaior e se integra na Estratexia Rías Baixas Turismo 61.

“Seguimos promovendo o turismo nesta provincia e facéndoo, ademais, da man do deporte e dos castelos de Soutomaior e Sobroso, dous grandes bastións que, con actividades como a Entre Castelos Rías Baixas, se están a converter en centros turísticos de primeira orde”, asegurou o presidente provincial. Neste eido, esta actividade, ademais do trail para adultos que partirá de Sobroso cara Soutomaior, contempla unha andaina popular e unha carreira infantil, que se desenvolverán ao longo de dúas xornadas pensadas para todos os públicos. Durante as sesións, ademais das actividades deportivas haberá conferencias e adestramentos con influencers do ámbito deportivo.

Está previsto que no trail Entre castelos Rías Baixas participen arredor de 1.000 persoas nesta actividade que ademais contempla un servizo de lanzadeira en autobús para trasladar as persoas participantes entre os distintos puntos do percorrido. Tamén se ofertará unha ludoteca con monitores especializados para o coidado de nenas e nenos, co fin de facilitar a participación das familias e garantir unha experiencia cómoda e inclusiva.

Publicacións Relacionadas