Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación creará unha oficina para apoiar aos concellos na implantación dos...

A Deputación creará unha oficina para apoiar aos concellos na implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030

- Anuncio -

A iniciativa apoiará a elaboración e implementación de plans municipais de sostibilidade, ademais de seguir reforzando a presenza dos ODS nas políticas provinciais. “Será unha ferramenta clave para o impulso destas accións en todas as esferas territoriais”, explica o presidente da Deputación

Manuel Baltar abordou o proxecto co deputado Jorge Pumar, que asume as competencias delegadas do cumprimento e seguimento da Axenda 2030 e os ODS segundo o compromiso exposto polo presidente da Deputación no Debate de estado da provincia de 2020 e o plan de mandato 2019-2023

O proxecto do goberno provincial buscará nos próximos 12 meses asesorar a un mínimo de 20 concellos ourensáns

A nova oficina tamén se marca coma obxectivo impulsar iniciativas sostibles, situando o foco nesta primeira fase na promoción de proxectos vinculados ao fomento da enerxía limpa e accesible para os veciños e entidades públicas

A Deputación de Ourense segue avanzando no seu compromiso coa sustentabilidade e a implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS). Aliñada a súa acción política co marco de transformación exposto pola Axenda 2030, o goberno presidido por Manuel Baltar aposta agora pola creación do proxecto OU-DS 2030 -Axenda 2030 para Ourense-, perfilada co obxectivo de ser unha ferramenta de apoio ao desenvolvemento de iniciativas municipais e provinciais en Ourense que proporcionen respostas innovadoras aos principais retos do territorio. O proxecto aspira ao financiamento da Secretaría de Estado da Axenda 2030, co fin de mobilizar 400.000 euros no primeiro ano de execución.

O presidente da Deputación abordou os detalles deste proxecto co deputado Jorge Pumar, que suma as competencias do cumprimento e seguimento da Axenda 2030. Manuel Baltar avanzara este compromiso no Debate do estado da provincia de 2020, reforzando o compromiso marcado no Plan de mandato 2019-2023.

“Ourense é un referente de sustentabilidade, e con esta nova ferramenta buscamos ser tamén un referente na identificación de iniciativas que faciliten a implantación dos ODS e a Axenda 2030 no rural”, valorou Manuel Baltar, situando o rol da Deputación como “concello dos concellos” e o “carácter innovador e transformador da administración provincial” coma dúas clave para facilitar este traballo sobre o terreo.

O proxecto apoiará a elaboración e implementación de plans municipais, ademais de seguir reforzando a presenza dos ODS nas políticas da Deputación de Ourense. Neste traballo, o goberno provincial creará a Oficina OU-DS 2030, onde se ofertarán recursos humanos, financeiros e materiais, ao que poden acceder os entes locais da provincia de Ourense para elaborar os seus plans de actuación municipal e aliñalos coa Axenda 2030 e os ODS, ademais de facilitar o posterior seguimento ás actuacións deseñadas.

Coñecemento e sensibilización dos axentes implantados no territorio

O proxecto buscará nos próximos 12 meses asesorar a un mínimo de 20 concellos no desenvolvemento de estratexias de implantación ou adaptación de plans á Axenda 2030. “Esta Oficina OU-DS 2030 será un instrumento necesario para o impulso de iniciativas de ODS en todas as esferas e dimensións do territorio”, explica Manuel Baltar, que resalta a importancia de “asesorar aos propios técnicos e políticos no desenvolvemento da adaptación das políticas públicas aos ODS e a Axenda 2030”.

O obxectivo, resalta o presidente da Deputación, “é dar a coñecer o poder transformador da Axenda 2030 no territorio e poñer de relevo o protagonismo das corporacións locais neste gran desafío colectivo”.

O fomento do coñecemento e sensibilización sobre a importancia da implantación dos ODS na toma de decisións diarias desenvolverase no conxunto dos axentes do territorio. Ademais do traballo cos técnicos e políticos, executaranse iniciativas con colexios e axentes educativos, deseñando un obradoiro para rapaces cun alcance obxectivo de 2.000 nenos no primeiro ano.

Motor de iniciativas arredor da Axenda 2030, co foco na enerxía limpa e accesible

A oficina tamén estará chamada a ser o motor de iniciativas que contribúan a implementar a Axenda 2030 e a facer realidade o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en Ourense. Como campo de actuación primario para os vindeiros 12 meses -e sempre abertos a outras iniciativas que presenten por axentes ou entidades locais-, a Oficina OU-DS 2030 dará prioridade ao desenvolvemento de proxectos vinculados ao fomento da enerxía e en particular, proxectos que aseguren unha aliñación co obxectivo de “enerxía limpa, sostible e accesible” para todos os veciños e entidades públicas ourensáns.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

0
A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio A Deputación de Pontevedra pon desde...

Luis López destaca as 170 adopcións e o coidado de 288 cans no que...

0
O dirixente provincial percorreu as instalacións deste centro de acollida dependente da Deputación acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda A Deputación destina 1,4 millóns...

Publicacións Relacionadas