Home Deputacións Deputación Lugo A Deputación de Lugo abre o prazo para que os concellos presenten...

A Deputación de Lugo abre o prazo para que os concellos presenten proxectos do Plan Único 2021

- Anuncio -

Os 67 municipios da provincia, que terán un mes, ata o 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar con maior previsión e tempo grazas á axilidade do Goberno provincial na aprobación das bases do programa, que publica hoxe o BOP

A Deputación de Lugo abre hoxe, 12 de xaneiro, o prazo para que os 67 concellos da provincia presenten os proxectos do Plan Único 2021. As entidades locais, que terán un mes, ata o día 12 de febreiro, para presentar as propostas, poderán traballar cunha maior previsión grazas á axilidade do Goberno provincial, que, por primeira vez dende que existe o plan, aprobou as bases no ano anterior ao seu período de vixencia. Isto permitiralles aproveitar mellor os recursos, pois terán máis tempo para acometer as diferentes actuacións e poderán comezar as obras na primavera verán, a época propicia para facelas.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases deste programa, que presenta como novidades a subida da dotación económica ata os 21,5M€, unha decisión coa que o Goberno reforza o principal instrumento de cooperación da Deputación cos concellos, nun ano no que teñen máis necesidades polos efectos da crise sanitaria, sobre todo aqueles máis pequenos nos que boa parte da actividade depende dos recursos económicos aportados pola institución provincial. O incremento progresivo do Plan Único tamén cumpre co recollido no pacto de Goberno.

Outra das novidades do Plan Único 2021 é a posibilidade de imputar gastos de contratación de persoal dende principios de ano, o que favorecerá a creación de postos de traballo. Esta medida terá carácter permanente, pero este ano será especialmente importante para contribuír á recuperación do mercado laboral.

Así mesmo, dentro da liña Covid do Plan Único, a Deputación abriu unha nova vía para que os concellos poidan apoiar ao sector servizos –hostalería, comercio e turismo-, actividades que resultaron das máis gravemente afectadas polo impacto da pandemia e que son o músculo da actividade económica da provincia.

Criterios públicos e obxectivos
O Plan Único 2021 mantén polo demais a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes, e de 200.000€ para os concellos que teñen menos habitantes

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de preto de 110.000 euros entre 12 clubs náuticos...

0
Son 94.000 euros para dez clubs de piragüismo, 8.000 euros para un club de remo e 5.000 euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas