Home Lugo A Mariña Central A Deputación de Lugo inviste 5M€ na comarca da Mariña co Plan...

A Deputación de Lugo inviste 5M€ na comarca da Mariña co Plan Único 2021

- Anuncio -


Os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo

As bases deste programa de cooperación cos concellos xa foron aprobadas no Pleno de decembro e neste mes abrirase o prazo para que cada entidade local presente os proxectos e accións a financiar cos fondos
A Deputación de Lugo inviste 5M€ na Mariña a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021. As bases xa foron aprobadas no Pleno de decembro e neste mes de xaneiro abrirase o prazo para que cada entidade local poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais.

Os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas.

O aumento da dotación económica do Plan Único ata os 21,5M€ e a aprobación das bases, por primeira vez dende que existe o programa, no ano anterior ao seu período de vixencia son dúas das novidades do Plan deste ano, xunto á posibilidade que terán os concellos de imputar xa dende principios de ano gastos de contratación e a apertura dunha nova vía, dentro da liña Covid, para apoiar ao sector servizos, tanto á hostalería, como o comercio e o turismo, actividades das máis gravemente afectadas polo impacto da crise provocada pola pandemia.

A distribución dos fondos faise en función de criterios obxectivos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes, e de 200.000€ para os concellos que teñen menos.

Distribución dos fondos por concellos da Mariña
CONCELLOS
ACHEGA PLAN ÚNICO 2021
ALFOZ 274.404,09 €
BARREIROS 276.433,81 €
BURELA 376.018,28 €
CERVO 295.573,91 €
FOZ 426.046,87 €
LOURENZA 253.293,15 €
MONDOÑEDO 309.920,66 €
OUROL 306.999,22 €
PONTENOVA (A) 274.837,63 €
RIBADEO 446.596,56 €
RIOTORTO 239.254,43 €
TRABADA 250.838,08 €
VALADOURO (O) 288.884,23 €
VICEDO (O) 256.406,10 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XOVE 278.023,86 €
TOTAL 5.053.530,88€

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste en Vigo á celebración do Día Internacional das Persoas...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este martes no Porto de Vigo aos actos convocados por entidades sociais da provincia en...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas