test
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense adhírese ao manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal...

A Deputación de Ourense adhírese ao manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en favor da liña de alta velocidade que une Vigo con Porto

- Anuncio -

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu ao acto público organizado en Valença do Minho

A antiga alfándega de Valença do Minho (Portugal), acolleu hoxe o acto de presentación do Manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en favor da construcción da liña de alta velicidade ferroviaria que une Vigo con Porto. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu en nome da Deputación de Ourense.

A este manifesto adheriuse por escrito a Deputación de Ourense, manifestando “unha clara defenda do impulso da liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto-Lisboa como unha infraestrutura prioritaria e estratéxica en virtude dos principios de vertebración territorial e do desenvolvemento social e económico de España e de Portugal”.

Tamén pon de manifesto a institución provincial “a necesidade de que estas conexións ferroviarias se acompañen das necesarias disposicións dun orzamento e un calendario realista para acometelas dentro dos prazos inicialmente comprometidos”, deixando constar tamén que “outras conexións poden ter tamén a súa razón de ser, pero soamente se se afrontan cunha visión ampla, integradora e de pulo estruturado e coordinado para acadarmos os mellores resultados, e respectando as prioridades que ata agora teñen sido manifestadas”.

Relacionadas

Luisa Sánchez ratifica o compromiso da Deputación de Pontevedra con Vigo cun investimento que...

0
A vicepresidenta fixo hoxe balance do primeiro ano de mandato na institución provincial, destacando os 13 M€ reservados para a construción da Grada de...

Luis López destaca o festival PortAmérica como unha mostra da oferta turística das Rías...

0
O dirixente provincial participa na Azucreira de Portas na presentación dunha cita que se celebra esta fin de semana e marca o inicio da...

Rafa Domínguez situou como os grandes fitos do goberno da Deputación neste primeiro ano...

0
O vicepresidente recordou as actuacións impulsadas e desbloqueadas en Pontevedra como a reforma de Barcelos, a senda de Tomeza, o acceso a Montecelo, a...

A Deputación leva este venres a Pontecesures unha actuación de Grande Amore no marco...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades culturais organizadas polo concello co gallo da Festa do Carme A Deputación de Pontevedra financia...

A Deputación organiza esta semana 10 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de cinco concellos da provincia, visitarán lugares como Portonovo, as illas de Ons e Sálvora, Salvaterra de Miño, Arbo, o...

Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e...

0
·        Preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de...

Publicacións Relacionadas