Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense colabora na impartición de cursos de formación sobre...

A Deputación de Ourense colabora na impartición de cursos de formación sobre ciberseguridade para promover a protección de datos

- Anuncio -

O Nodo Galego de Ciberseguridade Galego, do que a Deputación de Ourense é entidade fundadora, organiza unha serie de xornadas sobre a ciberseguridade dirixida a empresas e pequenos concellos

Esta iniciativa enmárcase dentro do plan de mandato Ourense 7273, dentro do apartado de innovación, dixitalización, transformación económica e apoio ás pequenas e medianas empresas

As persoas participantes poderán coñecer de primeira man as formas máis eficientes para a protección de datos na rede dentro do Esquema Nacional de Seguridade

O Nodo Galego de Ciberseguridade, do que a Deputación de Ourense é entidade fundadora, organiza unha serie de xornadas sobre a protección dos datos persoais na rede dirixida a empresas e pequenos concellos. A organización desta serie de actividades formativas busca facilitar ás entidades locais e a calquera outra entidade interesada o acceso á experiencia na adecuación normativa, organizativa e técnica que dispón a institución provincial, dando cumprimento así o establecido dentro do plan de mandato Ourense 7273, dentro do apartado de innovación, dixitalización, transformación económica e apoio ás pequenas e medianas empresas.

Nestes encontros daranse cita algunhas das mellores firmas de consultaría e ciberseguridade nunha modalidade en liña, o cal permitirá facilitar a compatibilidade entre os cursos e a actividade laboral dos participantes, que poderán coñecer de primeira man as formas máis eficientes para a protección de datos na rede dentro do Esquema Nacional de Seguridade.

O ciclo de actividades comezará o vindeiro 19 de maio as 19,00 horas coa charla “Canto valen os meus datos?”, un curso online para expoñer e explicar os principais métodos de enxeñaría social empregados polos ciberdelincuentes para a extracción de datos persoais e como protexerse destes, a cargo de Javier Cercas, membro do equipo de Xestión Técnica da Intelixencia sobre Ameazas de CyberSOC Deloitte. As inscricións poderanse facer a través da páxina web https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/canto-valen-os-meus-datos

O 25 de maio, ás 19,00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel celebrarase a segunda xornada, ”Estafas telemáticas y evidencias digitales”. Centrará a súa actuación nas estafas telemáticas e as evidencias dixitais, as cales alcanzaron a cantidade de 20.000 estafas en Galicia durante todo o ano 2021, de acordo co último balance de criminalidade publicado, o que supón un aumento do 53,60% con respecto o ano 2020. Este curso de actualidade ten formato mixto -online e presencial- e estará impartido por Roberto Valente, enxeñeiro informático e membro do equipo de delitos informáticos da Guardia Civil en Ourense.

A seguinte xornada, online, terá lugar o 13 de xuño e estará a cargo a entidade Adenda, titulándose “Como concienciar á plantilla sobre a ameaza existente?”. Centrarase na importancia de concienciar as persoas traballadoras nunha empresa sobre as ameazas existentes en torno a seguridade da rede.

Finalmente, o 27 de xuño, “Seguridade no sector turístico e de ocio”, unha acción formativa mixta -online e presencial- a cargo da empresa de ciberseguridade Incibe na que se estudarán métodos para mellorar a seguridade nos sectores turístico e de ocio, os cales teñen unha gran importancia na economía da provincia.

Protección do ciberespazo

O obxectivo común do nodo de ciberseguridade galego CIBER.gal, no cal participa a institución provincial, é favorecer unha contorna dixital segura e afrontar, de forma colaborativa, os retos aos que se deben enfrontar empresas, cidadáns e administracións para protexer os seus activos no ciberespazo. Para elo, ten como principais obxectivos achegar o tema da ciberseguridade a sociedade e concienciala sobre a importancia que ten, así como a promoción do talento especializado e favorecer o seu desenvolvemento en Galicia.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra exemplo de bos prácticas en Albacete na reunión da Rede...

0
Carmela Silva participou na primeira Mesa de Diálogo para explicar a acción transversal dos ODS en todas as políticas da Deputación que a converten...

Manuel Baltar reivindica o legado de Delgado Gurriarán e pide seguir traballando a prol...

0
O presidente da Deputación interveu esta mañá no acto das Letras Galegas 2022 para homenaxear ao intelectual de Córgomo, un autor que abarca na...

A afluencia de público ao concerto da Panorama superou as previsións e fixo necesario...

0
A afluencia de público ao concerto da orquestra Panorama onte á noite, no marco das Festas do Couto superou as previsións tanto da comisión...

O PP reclama melloras de accesibilidade á terminal e á plataforma da estación “Porta...

0
• Os deputados Celso Delgado e Ana Vázquez piden o Adif a continuidade da senda peonil construída pola Xunta e que parte do casco...

O Concello abre o prazo para solicitar o uso dos hortos municipais de Montealegre...

0
O Concello pón á disposición da cidadanía 68 hortos, dos que 7 se reservan a persoas con mobilidade reducida, que se adxudicarán nun sorteo...

As maiores referentes do feminismo do Estado estarán na Escola María Vinyals no II...

0
O Castelo de Soutomaior acollerá os días 1 e 2 de xuño este simposio, que xunto á iniciativa Canteira de Igualdade e a formación...

Publicacións Relacionadas