HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación de Ourense e a de Pontevedra avanzan en dous proxectos...

A Deputación de Ourense e a de Pontevedra avanzan en dous proxectos valorados en máis de 6 millóns de euros para impulsar o medio rural transfronteirizo e a eficiencia enerxética

- Anuncio -spot_img

O deputado de Fondos Europeos, José María Lago, reuniuse no Pazo Provincial de Pontevedra co seu homólogo Javier Tourís, coa fin de impulsar os proxectos Activa Rural Transfronteirizo e Smart Building, que veñen de ser aprobados recentemente e reciben financiamento do programa POCTEP 21-27

As Deputacións de Ourense e Pontevedra avanzan en dous proxectos europeos valorados en máis de 6 millóns de euros para impulsar a innovación e os coidados para unha vida activa no medio rural transfronteirizo e a eficiencia enerxética e a sostibilidade dos edificios das entidades locais. O deputado de Fondos Europeos, José María Lago,  reuniuse no Pazo provincial de Pontevedra co seu homólogo na Deputación pontevedresa, Javier Tourís, para impulsar os proxectos Activa Rural Transfronteirizo e Smart Building, dos que ambas entidades son socias, que veñen de ser aprobados recentemente e reciben financiamento do programa POCTEP 21-27.

Smart Builing, no que ademais das Deputacións de Ourense e Pontevedra participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Universidade de Vigo, a Universidade do Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo, o CIM Alto Minho e o Instituto Enerxético de Galicia, mobilizará un total de máis de 2,5 millóns de euros dos que Europa achega preto de 1,9 millóns de euros. Con estes recursos, preténdese desenvolver un sistema intelixente de xestión e monitorización enerxética en edificios públicos situados entre Galicia e Portugal, baseándose en redes intelixentes e novas tecnoloxías para optimizar o consumo de enerxía, reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorar a eficiencia das infraestruturas públicas de titularidade local.

Pola súa banda Activa Rural Transfronteirizo. Innovación e coidados para unha vida activa no medio rural transfronteirizo, no que ambas deputacións son socias xunto con outros quince organismos, mobilizará preto de 4,5 millóns de euros dos que Europa achega preto de 3,4 millóns de euros. Neste caso, trátase dun proxecto que aborda a problemática do envellecemento da poboación en áreas rurais transfronteirizas entre España e Portugal, onde as persoas maiores enfróntanse a dificultades para acceder a servizos asistenciais adecuados. A través desta iniciativa promoverase un modelo inclusivo, accesible e sostible de coidados asistenciais a través da creación de Aldeas Smarthaus, que actúan como laboratorios vivos de innovación en benestar, saúde comunitaria, coidados asistenciais e envellecemento activo, aplicando principios da Nova Bauhaus Europea como a sostibilidade, a inclusión e a estética.

Publicacións Relacionadas