A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior permanentes coas seccións máis requiridas, a adaptación visual a todo tipo de dispositivos ou o enlace directo a outras webs da institución
A Deputación de Ourense estrea nova páxina web (depourense.gal) co obxecto de renovar a súa imaxe, ter unha relación mais directa coa cidadanía, ofrecer novos e mellores contidos e adecuarse ás tecnoloxías emerxentes.
A nova páxina é máis visual, agradable e directa, facilitando o acceso as diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior permanentes coas seccións máis requiridas, a adaptación visual a todo tipo de dispositivos ou o enlace directo a outras webs da institución.
Outro dos aspectos mais relevantes é un buscador de última xeración que permite a busca de contidos en base a temáticas, ámbitos de actuación e datas de publicación. A día de hoxe o buscador xa ten integrados todos os contidos dos boletíns da provincia de Ourense dos últimos 15 anos, os contidos das diferentes webs dos concellos da provincia de Ourense, a información que a Deputación ten aloxada na Base de Datos Nacional de Subvencións, os procesos de contratación e outra información de interese.
Cabe resaltar tamén que a Deputación é pioneira na implantación da tecnoloxía empregada en dito buscador, sendo a día de hoxe escasas as institucións españolas que a teñen incorporada nas súas páxinas web. Ata o día de hoxe, a referencia mais destacada de dita tecnoloxía en España é o Museo do Prado en Madrid.
A Deputación segue a traballar en mellorar os seus canles de comunicación coa cidadanía e as institucións e, neste sentido, a páxina seguirá evolucionando e incorporando contidos e novidades de forma permanente.