HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación de Ourense impulsa unha nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial...

A Deputación de Ourense impulsa unha nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial para dar maior visibilidade á Baixa Limia e a Reserva da Biosfera Gerés-Xurés

- Anuncio -spot_img

É a cuarta agrupación creada na Eurorrexión e, no caso da institución ourensá estarán representados os concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela de Leirado, Muiños, Cualedro, Oímbra e Monterrei

Pola parte portuguesa, estarán as Comunidades Intermunicipais do Alto Minho, Cávado e Alto Támega e Barroso

A Deputación de Ourense impulsa coa Xunta de Galicia e coas Comunidades Intermunicipais do Alto Minho, Cávado e Aalto Támega e Barroso unha nova Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a cuarta que se constitúe na Eurorrexión e que servirá para incrementar a cooperación co territorio luso.

O vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Alvarez Dobaño, reuniuse co alcalde de Arcos de Valdevez, João Esteves e o primeiro secretario da Comunidade Intermunicipal do Alto Miño, Paulo Queiroz, que chegaron a un acordo sobre o Convenio Constitutivo e os Estatutos da futura Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Raia Seca – Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

Á reunión asistiron tamén o subdirector xeral de Acción Exterior e cooperación transfronteiriza da Xunta de Galicia, Xosé Lago, e a asesora xurídica da Deputación de Ourense, Ángeles Cantón.

A nova AECT estará composta pola Deputación de Ourense, en representación dos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios, Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela de Leirado, Muiños, Cualedro, Oímbra e Monterrei.

Pola parte portuguesa, estarán as Comunidades Intermunicipais do Alto Minho, Cávado e Alto Támega e Barroso, en representación dos concellos de Arcos de Valdevez, Melgaço, Ponte da Barca, Terras de Bouro e Montalegre.

Unha vez aprobados os textos polos plenos da Deputación de Ourense e das CIM portuguesas, serán firmados en Ourense, para a súa remisión aos gobernos de España e de Portugal, que deberán autorizar a nova AECT.

Esta AECT é a cuarta que se constitúe na Eurorrexión, tras a de Galicia-Norte de Portugal, que abrangue todo o territorio de Galicia e a Rexión Norte de Portugal (a primeira que se creou na Península Ibérica e a terceira de Europa); a de Chaves-Verín e a do Río Miño, esta última na provincia de Pontevedra.

Mellor preparación para fondos europeos

A AECT servirá para incrementar a cooperación con Portugal, en especial na contorna da Baixa Limia e da Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés e servirá para dar maior visibilidade a esta zona da fronteira e para estar mellor preparados para poder captar fondos europeos para o desenvolvemento destes territorios.

O convenio pasará por pleno da Deputación de Ourense para a súa aprobación.

Publicacións Relacionadas