Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense impulsará e cofinanciará a dixitalización dos servizos sociais...

A Deputación de Ourense impulsará e cofinanciará a dixitalización dos servizos sociais municipais

- Anuncio -

A administración provincial lanzará nas vindeiras semanas unha liña de axudas para o cofinanciamento da dixitalización dos servizos sociais municipais, co primeiro obxectivo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

A través da dixitalización, esta iniciativa busca dotar de máis axilidade e eficacia o SAF, un programa fundamental na provincia e que ten un custe anual de 20 millón de euros

Manuel Baltar define esta nova liña de axuda como “un paso máis na transformación da provincia, entendendo a dixitalización das administracións locais como un piar do desenvolvemento do territorio”

A Deputación de Ourense impulsará e cofinanciará a dixitalización dos servizos sociais municipais a través dunha liña de axudas para os concellos, que será posta a disposición dos municipios nas vindeiras semanas e que terá co primeiro obxectivo o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Este novo programa de cooperación provincial busca que as administracións locais poidan realizar unha importante transformación na forma de proporcionar os seus servizos, constituíndo un salto cualitativo e cuantitativo con repercusión positiva na cidadanía e propiciando melloras entre as que estará a redución das lista de espera municipais.

Esta nova liña de axudas terá un notable impacto naqueles concellos que non realizan unha inversión anual na dixitalización, mais tamén se poderán acoller aqueles municipios que xa dispoñen de ferramentas adecuadas, xustificando o seu cofinanciamento ou dedicando o importe da axuda na mellora do propio servizo.

Manuel Baltar define estas axudas como “un paso máis na transformación da provincia, entendendo a dixitalización das administracións locais como un piar do desenvolvemento do territorio”. “Esta iniciativa mostra a labor da Deputación, como concello dos concellos, traballando sempre a carón das administracións locais desde a perspectiva de colaboración absoluta”, salienta o presidente provincial.

Por outra banda, Manuel Baltar encadra esta liña de axudas “na construción do Ourense do futuro, un proceso que a Deputación quere liderar e que queda demostrado con outros proxectos pioneiros como a dixitalización do xestión do ciclo da auga, recentemente anunciado”. “En definitiva, este proxecto de axuda á dixitalización dos servizos municipais resultará enormemente beneficiosa para as propias entidades locais pero, sobre todo, para a veciñanza da provincia coa mellora do seu benestar”, sinala Manuel Baltar.

O Servizo de Axuda no Fogar ten un custo anual na provincia de 20 millóns de euros

O primeiro ámbito no que a Deputación de Ourense quere impulsar a dixitalización é no Servizo de Axuda no Fogar, un dos principais programas sociais xestionado polas administracións locais o cal permite que en miles de fogares da provincia se axude ás persoas maiores e/ou dependentes a realizar as súas actividades diarias, facilitando ás persoas beneficiarias un importante soporte para facer certas tarefas do fogar e da súa vida diaria.

A prestación do SAF ten un custo anual duns 20 millóns de euros, dos que en torno a 15 millóns son aportados pola administración estatal, autonómica e provincial, aos que se lle suma o cofinanciamento de cada municipio e o copago dos beneficiarios. Estas cifras dan conta de que o Servizo de Axuda no Fogar é o servizo social máis custoso para a maioría das administracións locais da provincia. Este servizo implica, ademais da necesidade dun importante volume de recursos económicos directos, un importante custo de persoal técnico municipal derivado da xestión dos procedementos administrativos necesario para o funcionamento do servizo.

Coa dixitalización da xestión do Servizo de Axuda no Fogar, a Deputación busca aumentar a eficiencia e eficacia do persoal técnico municipal, liberándoos das tarefas administrativas asociadas ao servizo e destinando a súa actividade a outro eido.

Realidade municipal dispar na dixitalización administrativa da xestión do servizo

Desde a administración provincial tense observado durante os últimos anos que o avance na dixitalización dos procedementos administrativos e da xestión diaria do Servizo de Axuda no Fogar é moi dispar entre concellos, entendendo como un aspecto necesario e demandado polos profesionais dos servizos sociais o uso de ferramentas tecnolóxicas que permitan prestar un servizo público de máis calidade e de maneira máis eficiente.

Algunhas das entidades locais máis avanzadas da provincia na xestión administrativa deste servizo logran financiar a tecnoloxía adecuada para a súa correcta xestión cunha inversión inferior ao 2% do total de gasto anual no servizo, conseguindo unha grande mellora nos prazos e na calidade da atención. Pola contra, a maioría de administracións locais non dispoñen de ningún soporte e demandan ferramentas de mellora, importantes para os profesionais pero, sobre todo, para a cidadanía, pois a calidade do servizo que reciba depende esencialmente da súa correcta organización e funcionamento.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas...

A concelleira de Educación recibe o alumnado participante no Intercambio educativo Eurofrance

0
O IES A Laboral acolle estudantes das rexións francesas da Bretaña e de Lorraine A concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiu esta mañá no salón...

O PP de Ourense denuncia o desmantelamento da seguridade na provincia, coa supresión constante...

0
● A secretaria da xestora provincial e alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, compareceu esta mañá xunto aos alcaldes de Lobeira e Lobios e o...

A Deputación de Ourense investirá máis de medio millón de euros na mellora da...

0
A Deputación de Ourense vén de sacar a licitación o proxecto de reforzo de firme con mestura bituminosa en quente en diferentes estradas provinciais...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Publicacións Relacionadas