Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense íntegrase no sistema de emerxencia galego para dar...

A Deputación de Ourense íntegrase no sistema de emerxencia galego para dar a resposta máis precisa e eficiente ás necesidades dos damnificados pola traxedia de Valencia

- Anuncio -

“Estamos en plena disposición e preparados para axudar, afirma o presidente Luis Menor, “pero sempre segundo a axuda que se nos pida e mediante os procedementos que se nos indiquen”

“A mellor colaboración e máis eficiente é aquela que está coordinada”, di o presidente, que fai unha chamada a colaboración a través dos cauces oficiais abertos desde as administracións afectadas, entidades financeiras ou organizacións sociais

A Deputación de Ourense vén de integrarse no sistema de emerxencia galego disposto para dar a resposta máis precisa e eficiente ás necesidades dos damnificados pola traxedia de Valencia, coordinación que desde a institución provincial cualifícase como esencial para a efectividade do complexo movemento de solidariedade que se está a producir desde toda España.

O presidente da Deputación, Luis Menor, participou esta mañá nunha reunión telemática convocada desde a Xunta de Galicia e na que ademais de diversos departamentos do goberno autonómico tamén participaron as deputacións galegas e representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Entre os resultados desta reunión constatouse que a administración valenciana precisa sobre todo de apoio profesional, tanto humano como técnico, capítulo no que a Deputación de Ourense colaborará a través do Consorcio Provincial de Bombeiros “pero sempre segundo a axuda que se nos pida e mediante os procedementos que se nos indiquen”.

Luis Menor expresa “a total e absoluta sensibilidade da institución coa traxedia vivida en Valencia”, trasladando tamén o sentir do Goberno provincial polos efectos desta dana en Castela a Mancha e Andalucía.

“Estamos en plena disposición e preparados para axudar”, explica Luis Menor, que fai unha chamada a colaboración a través dos cauces oficiais abertos desde as administracións afectadas, entidades financeiras ou organizacións sociais como Cruz Vermella, Cáritas ou o Banco de Alimentos”.

“Síntome orgulloso da sempre rápida disposición da cidadanía a colaborar fronte a calquera traxedia”, afirma o presidente, que non obstante incide en que “a mellor colaboración e máis eficiente é aquela que está coordinada”.

Desde o sistema de emerxencia galego, engadiu, constátase que produtos como auga, comida, roupa ou medicamentos non están entre as prioridades, cargamentos de solidariedade que neste momento só crearían problemas loxísticos en orixe, pero sobre todo en destino, de aí que se pida que toda a colaboración cidadá sexa a través de achegas económicas nos cauces oficiais.

Relacionadas

Luis Menor avanza no Parlamento de Galicia que os orzamentos para 2025 da Deputación...

0
As previsións económicas supoñen algo máis do 9,3 % de aumento con respecto ao vixente exercicio (96 millóns de euros) e permite aumentar os...

O Concello de Ourense colabora ca VIII edición da “Feria de la Chinita”

0
O Concello de Ourense, como ven facendo nos últimos anos, colabora ca vindeira edición da “Feria de la Chinita” que se celebrará o domingo...

A Deputación supervisa os traballos que está a desenvolver para a conservación e mellora...

0
Os deputados provinciais Isabel Couselo e Javier Tourís visitaron xunto co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos incluídos no acordo marco de obras...

A Deputación e Editorial Galaxia imaxinan escenarios futuros para a cultura no 1º Foro...

0
Co lema ‘Pensar para Adiante. Culturas, Artes e Identidades’, o encontro reúne este xoves no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a Germán Labrador,...

Luis López felicita ao piloto Yago Martínez por gañar a Dacia Sandero Eco Cup...

0
O presidente provincial, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibe no Pazo provincial ao prometedor piloto de Salvaterra pola súa vitoria nesta categoría do campionato...

O BNG alerta dun megaparque eólico de 24 muíños e 124 megawatios que vai...

0
O deputado nacionalista Luís Bará rexistrou hoxe unha batería de iniciativas parlamentares nas que demanda á Xunta que faga valer as súas competencias e...

Publicacións Relacionadas